A suma de atrasos en oposicións da Xunta desemboca en "caos" nas escolas infantís
O adiamento do inicio do curso do 4 ao 7 de setembro, que Política Social aprobou en agosto non foi dabondo para paliar os efectos do "movemento de persoal" derivado da asignación de prazas de oposicións dos últimos anos e de concursos de traslados atrasados durante lustros. A CIG advirte de que "non se pode garantir a atención adecuada en todos os centros" cando parte do persoal aínda non se incorporou e mesmo "quedan por adxudicar máis de 30 prazas de educadoras" nun acto de elección "que aínda non ten data"
A taxa turística chega a Vigo o 1 de outubro
O concello vigués aproba definitivamente o tributo turístico, que xa rexe hai un ano na Coruña e Santiago, con varios descontos sobre os topes legais permitidos pola Xunta. Ata o 1 de xullo de 2027 a taxa viguesa só gravará as dúas primeiras noites e non o máximo legal de cinco. Para os cruceiros insire unha moratoria dun ano
Fiscalía aclara a cifra de menores migrantes que evita revelar a Xunta e reclama protexelos
A Fiscalía Superior explica que "na actualidade, 90 menores se atopan en Galicia tras os procesos de reubicación", todos agás un procedentes das Canarias. O total incrementouse en apenas unha vintena durante o verán. Os datos oficiais máis recentes de Política Social apuntaban a un total de 237 menores migrantes sen compaña familiar acollidos en Galicia dentro dun sistema de protección con todas as prazas cubertas, maioritariamente por nenas, nenos e adolescentes sen orixe migrante
A Fiscalía apoia un indulto que evite entrar no cárcere ao maquinista de Angrois
O Ministerio Público desbota avalar un perdón total ao traballador, único condenado polo sinistro do Alvia, pero si dá o visto e prace a unha redución parcial da súa condena a dous anos e medio de prisión. O fiscal Antonio Roma ve acreditadas "razóns de xustiza e equidade" para o indulto parcial, resalta o apoio de parte das vítimas á medida e acolle argumentos da petición do maquinista como a necesidade de coidar da súa nai
- Crónica
- Política
Mobilización total das dereitas a conta de Ceuta
PP e Vox capitalizan as concorridas concentracións "en solidariedade e apoio a Ceuta" nun contexto de mobilización total da súa base contra o Goberno de España e, nomeadamente, contra Pedro Sánchez. Rueda, que encabezou a comitiva popular na Coruña, sostén que os participantes non acudiron "por política" a unhas protestas carentes de "ideoloxía" nun serán no que tamén se desenvolveron varias mobilización antirracistas
90 anos do asasinato de Bóveda e 84 do Día da Galiza Mártir, unha data aínda sen institucionalizar
A Irmandade Galega de Buenos Aires instauraba o 17 de agosto de 1942 como a xornada en lembranza das persoas represaliadas polo franquismo, unha homenaxe á espera de ser oficializada pola Xunta pero asumida cada vez por máis institucións de diferentes cores políticas.
O xulgado ordena pór Meirás ao nome do Estado tras a sentenza que expulsou os Franco
O xulgado coruñés que ditou a histórica primeira sentenza sobre a recuperación do Pazo formaliza ante o Rexistro da Propiedade de Betanzos a súa inscrición como inmoble público
A familia de Reboiras pide amparo a Santalices fronte á proposta do PP que o sinala como terrorista
O irmán do militante da UPG asasinado pola policía franquista en 1975 solicita nunha reunión ao presidente do Parlamento que "impida facer efectiva" a iniciativa na que os populares equiparan con delinquir homenaxear a súa memoria. Lembra ao xefe do lexislativo que os "argumentos falaces, sumamente ofensivos" da proposta chegan mentres leva case dúas décadas recoñecido oficialmente como vítima da ditadura
Santiago xa é zona tensionada: freo ás subas do alugueiro e gran posuidor dende 5 pisos
A publicación no BOE culmina a solicitude do Concello, que a Xunta aceptou no segundo intento entre advertencias da súa oposición política. Os novos contratos terán que "estar referenciados ao prezo anterior" para "evitar incrementos desproporcionados". Entre os datos achegados polo goberno local que xustifican a declaración destaca que o incremento dos custo dos alugueiros duplica a suba xeral dos prezos ao consumo
"Terrorismo" incuestionable, crise climática relativa fronte ao lume
Nos seus anos como presidente Feijóo puxo o foco no "terrorismo incendiario" cunha firmeza e recursos que contrasta coa actitude actual dos populares ao abordar o cambio climático como clave no agravamento do incendios forestais
200 agresións nun ano a persoal dun centro de discapacidade da Xunta "sen condicións de seguridade"
Inspección de Traballo require a Política Social tras unha denuncia sindical adoptar "medidas preventivas eficaces" fronte á violencia que sofre o persoal do CAPD da Coruña: ten "tres protocolos de prevención" e ningún "establece condicións concretas de seguridade na intervención ante situacións de agresividade". Impón elaborar un "protocolo específico" fronte a agresións, investigalas todas e xeneralizar a formación ao persoal, entre outras medidas.
- Crónica Día Nacional 2026
- Política
Igrexa, Casa Real e Concello de Santiago, piares institucionais doutro 25 de xullo coa Xunta de espectadora
A axenda do presidente volveu incluír un único punto, asistir á Ofrenda ao Apóstolo na Catedral compostelá, onde o rei estivo representado polo presidente do Parlamento, coa alcaldesa da cidade como anfitrioa da comitiva. Dous conselleiros asistiron á Misa de Rosalía, acto relixioso con vertente civil e innegable raizame galeguista, pero allea á institucionalidade do Día Nacional que procuraran noutrora dirixentes como Camilo Nogueira, histórico nacionalista homenaxeado coa Alba de Compostela do consistorio compostelán