Santiago xa é zona tensionada: freo ás subas do alugueiro e gran posuidor dende 5 pisos
A publicación no BOE culmina a solicitude do Concello, que a Xunta aceptou no segundo intento entre advertencias da súa oposición política. Os novos contratos terán que "estar referenciados ao prezo anterior" para "evitar incrementos desproporcionados". Entre os datos achegados polo goberno local que xustifican a declaración destaca que o incremento dos custo dos alugueiros duplica a suba xeral dos prezos ao consumo
"Terrorismo" incuestionable, crise climática relativa fronte ao lume
Nos seus anos como presidente Feijóo puxo o foco no "terrorismo incendiario" cunha firmeza e recursos que contrasta coa actitude actual dos populares ao abordar o cambio climático como clave no agravamento do incendios forestais
200 agresións nun ano a persoal dun centro de discapacidade da Xunta "sen condicións de seguridade"
Inspección de Traballo require a Política Social tras unha denuncia sindical adoptar "medidas preventivas eficaces" fronte á violencia que sofre o persoal do CAPD da Coruña: ten "tres protocolos de prevención" e ningún "establece condicións concretas de seguridade na intervención ante situacións de agresividade". Impón elaborar un "protocolo específico" fronte a agresións, investigalas todas e xeneralizar a formación ao persoal, entre outras medidas.
- Crónica Día Nacional 2026
- Política
Igrexa, Casa Real e Concello de Santiago, piares institucionais doutro 25 de xullo coa Xunta de espectadora
A axenda do presidente volveu incluír un único punto, asistir á Ofrenda ao Apóstolo na Catedral compostelá, onde o rei estivo representado polo presidente do Parlamento, coa alcaldesa da cidade como anfitrioa da comitiva. Dous conselleiros asistiron á Misa de Rosalía, acto relixioso con vertente civil e innegable raizame galeguista, pero allea á institucionalidade do Día Nacional que procuraran noutrora dirixentes como Camilo Nogueira, histórico nacionalista homenaxeado coa Alba de Compostela do consistorio compostelán
- Crónica Día Nacional 2026
- Política
Fin de seca competencial entre renuncias a traspasos clave
O Día Nacional, outra volta coa Xunta optando por un baixísimo perfil, celébrase no marco da fin do período sen novas competencias máis longo da historia da autonomía. A Comisión Mixta de Transferencias Xunta-Estado estivo 13 anos sen reunirse por non ter nada que tratar. En 2025 deu o visto e prace ao traspaso da xestión do litoral e en breve abordará o dos permisos de traballo. O ferrocarril de proximidade, a Policía, o tráfico ou o salvamento marítimo destacan entre as competencias que nos últimos anos Xunta e PP se negan a pedir e asumir malia teren cobertura no Estatuto
Día Nacional de baixa intensidade nos 45 anos do autogoberno
O 25 de xullo de 1981 foi o primeiro co Estatuto de Autonomía en vigor, cando xa apenas ecoaba o fustrado intento preautonómico de artellar unha celebración cívica, institucional e política en torno ao Día Nacional. Daquela Xunta que o tentou ficou o soporte institucional que aínda hoxe fai que o 25 de xullo sexa, oficialmente, Día Nacional de Galicia, denominación obviada polo actual Goberno nun clima de atonía institucional sobre a data que este 2026 mesmo levou á 'reciclaxe' da campaña oficial sobre a celebración.
O traspaso da AP-9 xa é lei sen o PP e encamíñase a unha incerta negociación coa Xunta
O Congreso deixa sen efecto as mudanzas inseridas polo PP no Senado e aproba de vez a transferencia da Autoestrada do Atlántico nos termos acordados por PSOE, BNG e Sumar. A lei aprobada remite a un pacto entre ambos gobernos os termos concretos do traspaso e mantén que o Estado asumirá "as consecuencias" das súas decisións mentres a autoestrada fose da súa competencia
A posible fusión de concellos do Avia, allea ás sete que estudou a Xunta
A unión de Ribadavia e Carballeda de Avia superaría os 5.000 habitantes, limiar que o informe manexado polo Goberno galego sinalaba como mínimo para "acadar economías de escala necesarias para mellorar a eficiencia na xestión". Os precedentes de unións de Oza dos Ríos con Cesuras e de Cerdedo con Cotobade non mudaron a dinámica poboacional dos municipios por separado
O PP inicia contactos sobre o plan do galego e Pontón reclama negocialo con Rueda
Os populares desbotan un encontro do presidente coa líder do Bloque para evitar, argumentan, "privilexios fronte aos demais grupos parlamentarios". O PSdeG advirte de que o "punto de partida" para un posible pacto "non pode ser a igualdade entre linguas", como formula o PP, toda vez que unha delas, o galego, "está minorizada",
A Xunta ve posibles "axustes" no decreto do galego e acusa a BNG e PSdeG de criticaren o Plan sen lelo
O conselleiro de Cultura defende que na proposta de novo Plan Xeral de Normalización "se acredita un cambio de posición" a respecto da norma lingüística para a educación "para mellorar o uso do galego no ámbito do ensino" con "equilibrio". Rueda sostén que os grupos da actual oposición "decidiron" que o Plan non lles ía "gustar, como tantas cousas, antes de coñecelo"
- Interactivo Memoria antifranquista
- Política
90 anos do golpe dos 3.500 asasinatos e as 15.000 represións en Galicia
O golpe iniciado o 18 de xullo de 1936 desatou unha vaga represiva por todo o Estado que xa só en territorio galego atinxiu a milleiros de persoas, como acreditaron as pescudas do proxecto Nomes e Voces. Apenas unha semana despois do golpe os sublevados xa mataran máis dun cento de persoas. Contra o remate do ano xa eran máis de 2.000
"Paso atrás", "tapadeira", "paripé": BNG e PSdeG ven o PP lonxe da procura dun pacto polo galego
O Bloque advirte de que a proposta de Plan Xeral de Normalización mesmo "reduce a protección" para o idioma en comparación co de 2004 e o PSdeG pregúntase como a Xunta pretende "seguir tratando unha lingua minorizada en igualdade de condicións con outra que non o é?"