Rueda acusa a Sánchez de non financiar escolas infantís en Galicia tras devolverlle 22 millóns
O presidente sostén que a proposta do Estado para rebaixar o número de crianzas por docente en escolas infantís, a comezar por pasar de 8 a 4 nas aulas de bebés, "compromete a gratuidade" en Galicia, estendida mediante subvencións a centros privados
A Xunta autoriza usar maquinaria no monte con risco extremo de incendio entre ecos do caso Oímbra
Unha roza dunha empresa que traballaba para Xunta e Concello en día de risco extremo de lume, prohibida por unha orde que nunca chegou onde debía, acabou provocando o segundo maior incendio documentado en Galicia. Medio Rural argumenta que "non resulta viable" autorizar cada uso de maquinaria no monte nesas situacións e dá en cumprir s obriga legal cun permiso xeral condicionado, para labores entre mediodía e as 6 da tarde, a prevencións adicionais como ter 400 litros auga para un posible lume
A RAG premia a Aquí Tamén se Fala: "As Irmandades estarían orgullosas"
A Academia concede o galardón 'Na lingua que eu falo' ao proxecto do IES Rafael Dieste da Coruña, "un dos movementos de dinamización lingüística máis relevantes das últimas décadas, cunha capacidade transformadora que está a chegar moito máis alá das aulas"
- 📄📺
- Política
"Coa autonomía, Galicia sempre leva a de gañar": 90 anos do primeiro Estatuto
O 28 de xuño de 1936 celebrouse o referendo do texto estatutario cuxos impulsores advertían de beneficios económicos e políticos para o país, pero tamén advertían da resolución "dun problema de dignidade colectiva". Recuperamos documentos do Comité Central da Autonomía, que sinalaba o Estatuto catalán como proba de que naquela votación "Galicia non se expón a perder, senón a gañar; administrará por si mesma os seus propios intereses e serán os galegos quen establezan as normas xurídicas da súa propia Administración"
A Audiencia de Ourense arquiva a causa contra Jácome que o arriscaba á inhabilitación
A Audiencia de Ourense atende o recurso do rexedor e anula o auto do xulgado que o enviaba a xuízo por prevaricación por non pedir a compatibilidade entre o seu posto público e a actividade privada xestionando unha canle televisiva. "Non toda omisión ou incumprimento dun deber por parte dun funcionario pode catalogarse de prevaricación administrativa omisiva por non ser equivalente a unha resolución arbitraria expresa", di o tribunal
O xigante militar israelí compite con outras dúas empresas polos chalecos antibalas da Xunta
A segunda sesión da mesa de contratación da Consellería de Presidencia encargada de mercar este equipamento para a unidade de Policía adscrita ao Goberno galego confirma que o "representante oficial en España dos principais fabricantes israelís de material policial e militar" cumpre os requisitos para seguir adiante no proceso
A Xunta esquiva a apertura de centros de crise por violencia sexual na Coruña e Pontevedra
Galicia ten cinco destes espazos, abertos por orde do Goberno de España, que os financiou con fondos europeos coa directriz de dispor cando menos dun por provincia. O PSdeG cuestiona a Política Social pola persistencia da ausencia destes centros en dúas das principais cidades se o propio Executivo, tras o primeiro ano abertos, "os cualifica como un recurso imprescindible" polo que pasaron case 400 mulleres
O Congreso aproba o traspaso da AP-9, que chega máis lonxe ca nunca malia o "non" de PP e Vox
A maioría absoluta avala a lei orgánica pactada polo PSOE BNG e Sumar, quen sosteñen que o traspaso chegará con "plenas garantías" de que o Estado asumirá todos os custos derivados da súa propia xestión- O texto pasa ao Senado, onde os populares aseguran que tentará modificalo. Se o trámite conclúe de volta no Congreso con éxito culminarán vinte anos de reivindicacións e unha década de intentos por aprobar esta lei marcada polos bloqueos
A reforma estatal da dependencia duplica os fondos para a Xunta
A "refundación" do sistema de atención a persoas dependentes xa está no BOE e implica que o mínimo que recibirá Galicia pase duns 180 a 360 millóns anuais. A Consellería de Política Social descualifícaa como "papel mollado", condición que só adquiriría se o Congreso non permite que continúe en vigor
Segunda orde de "neutralidade ideolóxica" nas aulas: máis inspeccións e límites a charlas e visitas
Educación inclúe nas instrucións para o curso 26-27 un endurecemento dos controis sobre as "actividades complementarias" e limita a "unha por trimestre" as que non estean incluídas na programación anual, sobre as que mantén o control previo da Inspección. Mesmo activa prevencións sobre a participación en "actividades sobrevidas organizadas por concellos, deputacións e outras entidades" e advirte de que "non procederá a participación" se considera que non teñen "xustificación educativa suficiente"
O grupo de Rosón axita o taboleiro compostelán cunha "nova plataforma" para as municipais
Dous anos despois da súa expulsión do PSdeG tras apoiar a norma que completou o freo aos pisos turísticos malia a orde da dirección local do partido, o actual grupo de "non adscritas" anuncia un "novo proxecto libre, progresista e centrado nos intereses de Compostela"
- Datos Dereito á vivenda
- Política
Os desafiuzamentos caeron a mínimos nos meses finais da moratoria
De xaneiro a marzo Galicia rexistrou 114 desaloxos en casos de impagamento de alugueiro. Só houbo menos no trimestre máis afectado polo confinamento da COVID, cando se suspenderan os prazos xudiciais. Malia este descenso, o total de desaloxos -incluíndo a trintena en vivendas hipotecadas- quintuplican os novos casos de ocupacións ilegais