A patronal pirotécnica atribúe a "populismo" e "covardía" non os contratar por risco de lume ou ruído
A Asociación Galega de Industriais Pirotécnicos ameaza con "emprender accións legais" contra quen "cancele contratos en vigor" coas súas empresas, mais tamén contar quen "alente e invite publicamente a non contratar pirotecnia" baseándose no que consideran "motivos ideolóxicos". Suxiren que as "persoas con hipersensibilidade ou donos de mascotas" opten por "evitar o lugar concreto durante o breve intervalo" dos foguetes para "así non ter calquera tipo de molestia"
O lume volve ao monte coa opacidade habitual entre aplicacións e IA
No que vai de 2026 os incendios comunicados pola Xunta suman unhas 1.700 hectáreas nunha ducia de focos, pero é imposible afirmar que fosen os únicos por mor das restricións informativas que o ano pasado implicaron ocultar uns 1.300 incendios mentres se producían. Ao tempo, Medio Rural presenta avances na xestión de datos sobre o lume que contrastan coa información pública incompleta, pechada e escasamente sistemática
'A derradeira leición do mestre' chega a Galicia por segunda vez: en Pontevedra ata finais de setembro
Un novo acordo co Centro Galicia de Bos Aires permite expoñer no Museo pontevedrés a obra coa que Castelao retratou a barbarie franquista a través do asasinato de Alexandre Bóveda. "Así como a emigración arroupou a Castelao no seu exilio político, hoxe está aquí o cadro para que todos os galegos arroupen a súa obra e o veñan visitar", expoñen dende a entidade da emigración
Medicina de familia encabeza as vacantes da formación sanitaria por renuncia con 26 ocos en Galicia
Tras cubrírense todas na convocatoria ordinaria, un 13% das prazas MIR de familia en Galicia quedaron baleiras por renuncia ou non incorporación, unha das porcentaxes máis elevadas do Estado. Alén de medicina de familia, especialidades como enfermaría de saúde mental, do traballo e xeriátrica tamén quedaron sen cubrir e van á convocatoria extraordinaria
O traspaso da AP-9 pon rumbo ao pleno do Congreso co "non" de PP e Vox
A Comisión de Transportes dá o visto e prace ao acordo de PSOE, BNG e Sumar para transferir a autoestada á Xunta no que os conservadores descualifican como "pacto de traidores"
O grupo dos principais fabricantes militares israelís opta a fornecer chalecos antibalas á Xunta
Guardian Homeland Security, "representante oficial dos principais fabricantes israelís de material policial e militar", é unha das tres candidatas ao concurso da Consellería da Presidencia para mercar 250 chalecos da unidade de Policía adscrita ao Goberno galego. A compañía, "fundada por antigos membros dos servizos especiais de seguridade do Estado de Israel" e presidida por un tenente xeneral retirado, presenta como valor dos seus produtos seren usados polo exército hebreo e logrou diversos contratos co Estado e múltiplos concellos, varios galegos
"Altri non, mina tampouco": clamor na Illa de Arousa para "re-matar" as ameazas á ría
Milleiros de persoas e centos de embarcacións esixen ao Goberno galego "enterrar estes proxectos de vez" e liberar de contaminación unha ría de Arousa "na UCI". Os colectivos convocantes ven "un insulto á intelixencia" que poidan acabar saíndo adiante a factoría e a explotación mineira máis aínda "no contexto de cambio climático, cando a auga vai ser aínda máis importante, escasa e valiosa"
- Crónica O futuro do galego
- Política
O novo plan para o galego, ás portas e co ensino atado á ruptura de Feijóo
Aínda que ao límite, o prazo para presentar a "actualización" do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega antes da fin deste primeiro semestre de 2026 vaise cumprir. Fontes coñecedoras do proceso aseguran que no grupo encargado de propoñer medidas para educación a vontade pasa por explicitar no texto final a necesidade de remudar o decreto de 2010 por unha nova norma menos restritiva para o galego, pero a Xunta está a frear esa pretensión
O BNG lanza a candidatura de Arroxo en Lugo coa promesa de "dignidade" tras unha Candia "de paso"
"Dentro de once meses Lugo fará historia e demostrará a súa dignidade apostando por un goberno liderado polo BNG", augura Ana Pontón. O Bloque chama a contrastar "a estabilidade, a seriedade e o rigor" que, di, achegou ao goberno municipal co "pacto das trapalleiras", en referencia á moción de censura do PP local coa tránsfuga ex-socialista María Reigosa
As vivendas baleiras dos bancos nas cidades: a Xunta non contempla dar os datos ao Parlamento
O Goberno galego resístese a divulgar os datos de pisos baleiros nas mans da banca que recompila por decreto dende hai unha década en máis de medio cento de concellos que, segundo o censo, acumulan máis de medio millón de inmobles sen habitar
Aceptar a axuda pública no canto de pedila: "A volta" ao sistema comeza nos comedores de Santiago
O Concello compostelán e o grupo de investigación Armela da USC lanzan un proxecto para "identificar de oficio as familias potencialmente beneficiarias" das bolsas de comedor e simplificar o proceso para as recibiren. A previsión é poder aplicar o novo modelo ás bolsas dende o curso 27-28 reducindo "un 80% o tempo medio de tramitación" e "garantindo que chegan a todas as familias que as precisan"
As universidades ratifican que a Xunta ignora hai dous anos o seu plan para "minimizar erros" na selectividade
As tres institucións académicas públicas únense para "manifestar o seu apoio" aos membros da comisión que organiza as PAU dende hai tres décadas en plena aceleración do Goberno galego para controlala aproveitando os erros en dous exames. En xuño de 2024 propuxeron que as versións finais das probas fosen revisadas por unha segunda persoa e non por unha soa como no actual sistema, que "extrema as cautelas para garantir a confidencialidade"