A regularización de migrantes conclúe con 38.000 peticións en Galicia
O prazo de presentación de peticións remata no conxunto do Estado con algo máis dun millón, o duplo do estimado. "Permite ofrecer seguridade xurídica e dereitos a milleiros de persoas que xa vivían, traballaban e formaban parte da nosa sociedade", salienta o delegado do Goberno de España en Galicia. Case o 60% das persoas solicitantes teñen menos de 34 anos. Venezuela e Colombia son as principais orixes das peticións en Galicia
- Datos
- Política
O PP simula redescubrir o voto exterior que sempre buscou para lanzalo contra Sánchez
As acusacións de Feijóo sobre "enxeñaría electoral" pola extensión da nacionalidade a descendentes de persoas exiliadas devolven o foco sobre o mal chamado voto emigrante, no que a introdución da obriga de anexar o DNI co voto fixo minguar unha participación que caeu de vez coa introdución do voto rogado, cuxa cancelación reclamaron dirixentes coma o ex-presidente. O novo sistema implantado en 2022 suprimiu a petición previa e inseriu outros requisitos que manteñen en niveis escasos os votos chegados do estranxeiro
Pontón, sobre as acusacións do PP co voto exterior: "Aquí votaban os mortos"
Os de Feijóo "saben moito de manipulación do voto da emigración", ironiza a líder do BNG, quen defende "todas as garantías democráticas" nas votacións dende o estranxeiro para que "as prácticas que vimos do PP non se repitan nunca". "Que me explique con que cara vai ir a Bos Aires pedir o voto que aquí trata como sospeitoso", reta Besteiro a Rueda
- Interactivo Dereito á vivenda
- Economía
Os bancos teñen 4.000 vivendas baleiras en Galicia: liberamos os datos
Praza obtén ao abeiro da Lei de Transparencia os datos do rexistro de vivendas baleiras propiedade de entidades financeiras que a Xunta evitou entregar ao Parlamento. A Coruña é o concello con máis pisos baleiros propiedade da banca, segundo os datos manexados polo Goberno galego, con máis de 300. A Sareb, o 'banco malo', é a entidade que máis vivendas baleiras ten inscritas neste rexistro
Rueda acusa a Sánchez de non financiar escolas infantís en Galicia tras devolverlle 22 millóns
O presidente sostén que a proposta do Estado para rebaixar o número de crianzas por docente en escolas infantís, a comezar por pasar de 8 a 4 nas aulas de bebés, "compromete a gratuidade" en Galicia, estendida mediante subvencións a centros privados
A Xunta autoriza usar maquinaria no monte con risco extremo de incendio entre ecos do caso Oímbra
Unha roza dunha empresa que traballaba para Xunta e Concello en día de risco extremo de lume, prohibida por unha orde que nunca chegou onde debía, acabou provocando o segundo maior incendio documentado en Galicia. Medio Rural argumenta que "non resulta viable" autorizar cada uso de maquinaria no monte nesas situacións e dá en cumprir s obriga legal cun permiso xeral condicionado, para labores entre mediodía e as 6 da tarde, a prevencións adicionais como ter 400 litros auga para un posible lume
A RAG premia a Aquí Tamén se Fala: "As Irmandades estarían orgullosas"
A Academia concede o galardón 'Na lingua que eu falo' ao proxecto do IES Rafael Dieste da Coruña, "un dos movementos de dinamización lingüística máis relevantes das últimas décadas, cunha capacidade transformadora que está a chegar moito máis alá das aulas"
- 📄📺
- Política
"Coa autonomía, Galicia sempre leva a de gañar": 90 anos do primeiro Estatuto
O 28 de xuño de 1936 celebrouse o referendo do texto estatutario cuxos impulsores advertían de beneficios económicos e políticos para o país, pero tamén advertían da resolución "dun problema de dignidade colectiva". Recuperamos documentos do Comité Central da Autonomía, que sinalaba o Estatuto catalán como proba de que naquela votación "Galicia non se expón a perder, senón a gañar; administrará por si mesma os seus propios intereses e serán os galegos quen establezan as normas xurídicas da súa propia Administración"
A Audiencia de Ourense arquiva a causa contra Jácome que o arriscaba á inhabilitación
A Audiencia de Ourense atende o recurso do rexedor e anula o auto do xulgado que o enviaba a xuízo por prevaricación por non pedir a compatibilidade entre o seu posto público e a actividade privada xestionando unha canle televisiva. "Non toda omisión ou incumprimento dun deber por parte dun funcionario pode catalogarse de prevaricación administrativa omisiva por non ser equivalente a unha resolución arbitraria expresa", di o tribunal
O xigante militar israelí compite con outras dúas empresas polos chalecos antibalas da Xunta
A segunda sesión da mesa de contratación da Consellería de Presidencia encargada de mercar este equipamento para a unidade de Policía adscrita ao Goberno galego confirma que o "representante oficial en España dos principais fabricantes israelís de material policial e militar" cumpre os requisitos para seguir adiante no proceso
A Xunta esquiva a apertura de centros de crise por violencia sexual na Coruña e Pontevedra
Galicia ten cinco destes espazos, abertos por orde do Goberno de España, que os financiou con fondos europeos coa directriz de dispor cando menos dun por provincia. O PSdeG cuestiona a Política Social pola persistencia da ausencia destes centros en dúas das principais cidades se o propio Executivo, tras o primeiro ano abertos, "os cualifica como un recurso imprescindible" polo que pasaron case 400 mulleres
O Congreso aproba o traspaso da AP-9, que chega máis lonxe ca nunca malia o "non" de PP e Vox
A maioría absoluta avala a lei orgánica pactada polo PSOE BNG e Sumar, quen sosteñen que o traspaso chegará con "plenas garantías" de que o Estado asumirá todos os custos derivados da súa propia xestión- O texto pasa ao Senado, onde os populares aseguran que tentará modificalo. Se o trámite conclúe de volta no Congreso con éxito culminarán vinte anos de reivindicacións e unha década de intentos por aprobar esta lei marcada polos bloqueos