O BNG lanza a candidatura de Arroxo en Lugo coa promesa de "dignidade" tras unha Candia "de paso"
"Dentro de once meses Lugo fará historia e demostrará a súa dignidade apostando por un goberno liderado polo BNG", augura Ana Pontón. O Bloque chama a contrastar "a estabilidade, a seriedade e o rigor" que, di, achegou ao goberno municipal co "pacto das trapalleiras", en referencia á moción de censura do PP local coa tránsfuga ex-socialista María Reigosa
As vivendas baleiras dos bancos nas cidades: a Xunta non contempla dar os datos ao Parlamento
O Goberno galego resístese a divulgar os datos de pisos baleiros nas mans da banca que recompila por decreto dende hai unha década en máis de medio cento de concellos que, segundo o censo, acumulan máis de medio millón de inmobles sen habitar
Aceptar a axuda pública no canto de pedila: "A volta" ao sistema comeza nos comedores de Santiago
O Concello compostelán e o grupo de investigación Armela da USC lanzan un proxecto para "identificar de oficio as familias potencialmente beneficiarias" das bolsas de comedor e simplificar o proceso para as recibiren. A previsión é poder aplicar o novo modelo ás bolsas dende o curso 27-28 reducindo "un 80% o tempo medio de tramitación" e "garantindo que chegan a todas as familias que as precisan"
As universidades ratifican que a Xunta ignora hai dous anos o seu plan para "minimizar erros" na selectividade
As tres institucións académicas públicas únense para "manifestar o seu apoio" aos membros da comisión que organiza as PAU dende hai tres décadas en plena aceleración do Goberno galego para controlala aproveitando os erros en dous exames. En xuño de 2024 propuxeron que as versións finais das probas fosen revisadas por unha segunda persoa e non por unha soa como no actual sistema, que "extrema as cautelas para garantir a confidencialidade"
A previsión de peche de 550 camas tensa o Sergas ás portas do verán
As áreas sanitarias de Vigo e Lugo, as máis atinxidas por uns peches estivais que Sanidade defende porque "o 100% están dispoñibles se o require a demanda". CIG-Saúde advirte das "consecuencias" do peche anual, como "máis presión sobre as urxencias e atrasos de ingresos" e pon o foco no seu impacto na área viguesa ao cadrar co traspaso de case 8.000 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro
O rehabilitado Villares bosquexa en Lugo un contrapoder da máxima confianza de Rueda
O poso de delegado da Xunta outórgalle unha presenza política constante en toda a provincia, capital incluída. Se o PP lograse continuar na alcaldía tras o paso polas urnas, o ex-conselleiro permitiría á dirección do PPdeG evitar o risco dunha baronía provincial cunha concentración de poder mesmo maior á que tivo Cacharro. Se a esquerda lucense volve sumar absoluta Rueda disporía dun mecanismo para encapsular o fracaso en Candia
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
A vivenda é unha carga económica "pesada" para a maioría dos fogares galegos de alugueiro
Máis do 60% dos fogares galegos son en propiedade e sen hipoteca e a porcentaxe dos residentes en vivendas alugadas supera por primeira vez dende que hai datos comparables en Galicia á dos que viven en pisos e casas hipotecadas
A Xunta aproveita os erros na selectividade para acelerar o plan de control da comisión que a organiza
En vésperas da PAU Educación lanzou o proceso para substituír na organización dos exames á CIUG, organismo con composición equilibrada de universidades e Xunta, por outro con maioría gobernamental. Atribuíuno á vontade de inserir "melloras" e "avanzar nun modelo de proba común", se ben agora lígao tamén aos fallos detectados en dous dos 40 exames deste ano. A comisión lembra que hai dous anos pediu á Consellería inserir unha segunda revisión dos exames unha vez elaborados, pero non tivo resposta
O PP liga homenaxear a Moncho Reboiras con delinquir para pedir á Xunta retirar as súas estatuas
Os populares equiparan co delito de enaltecemento do terrorismo a instalación de esculturas en homenaxe ao militante da UPG asasinado pola policía da ditadura en 1975, recoñecido polo Estado como vítima do franquismo hai case dúas décadas. A proposición, que ten garantida a súa aprobación, pide ao Goberno galego que se dirixa aos concellos de Santiago, Lugo e Arzúa para que "retiren da vía pública" as homenaxes a Reboiras promovidas polas fundacións Moncho Reboiras e Terra e Tempo
- Datos
- Política
Política Social evita revelar ao Parlamento cantos menores migrantes acolle Galicia
Ante a apertura de centros "específicos" para menores migrantes á marxe do sistema xeral de protección, o BNG pregunta o Goberno galego por cantos está a acoller realmente e as condicións e recursos dos que dispón para facelo. Na resposta o Executivo lanza diversas críticas ao Goberno de España por "rachar a vía do acordo" no acollemento, pero non achega ningún número. A información dispoñible máis recente data de 2024 e cifra en 237 as persoas migrantes de 0 a 17 anos sen compaña familiar acollidas no noso país
Rueda nomea o ex-conselleiro Villares delegado en Lugo e remuda o xerente do Sergas
A Xunta sitúa o antigo titular de Mar nun posto de máxima visibilidade tras o arquivo da denuncia por agresión sexual que motivara a súa dimisión e atribúe o nomeamento dun novo responsable no Servizo Galego de Saúde á intención de "abrir unha nova etapa" nun Consello no que a vaga de substitucións atinxe tamén a Igualdade, o Porto de Ferrol e Seaga e mais encomenda o comisariado do Xacobeo 2027 a un xornalista da máxima confianza do presidente
A Xunta ve "abusivo" preguntar a Rueda polo pacto secreto con Altri
Tras dicir a Consellería de Economía que ela "descoñece" o acordo, o presidente admitiu que el si o coñece, pero o Goberno galego di que pedirllo formalmente en aplicación da Lei de Transparencia é "abusivo"