A Xunta tamén deixa á marxe da lei de transparencia o pacto con Altri: "Ten carácter privado"
Como fixera para excluílo do control parlamentario, a Consellería de Economía defende que a Xunta é minoría en Impulsa Galicia, a sociedade fundada canda a Abanca que elixiu a Altri, para xustificar que debe ser tratada como unha entidade privada allea á normativa de transparencia. O Consello de Contas non comparte o razoamento e volve insistir en que "posúe directamente o 40%" dos votos e outro 10% "de xeito indirecto" a través de Sogama, polo que chega á metade que fai preciso sometela ao control público
Ourense, única cidade sen orzamentos á vista na metade do mandato municipal
Os dous gobernos urbanos con maioría absoluta, Vigo e Ferrol, tiveron contas de 2025 en xaneiro e os culmináronas no primeiro trimestre ou están a piques de facelo. No consistorio ourensán, DO non saca adiante un orzamento dende 2020
Altri, Xunta e PP reducen a mentiras as críticas á instalación da fábrica en Palas
A pugna política e social sobre Altri ten na comunicación un terreo clave.Tras unha primeira fase con mensaxes centradas en beneficios da súa implantación na Ulloa, a empresa preme o acelerador para identificar como "loiadas" o groso das críticas á fábrica. Cargos do Goberno galego e do partido que o sustentan secundan os argumentos de Altri indo mesmo alén do afirmado pola propia empresa
Partido de volta entre Caballero e Louzán en Balaídos
Unha década despois de que a maioría absolutísima de Caballero en Vigo fose clave para desbancar a Louzán na Deputación de Pontevedra, ambos disputan un agre tirapuxa a conta da exclusión do estadio vigués como sede do Mundial 2030. O alcalde esixe "luz e taquígrafos" ao agora presidente da Federación Española de Fútbol, que "odia Vigo" porque "dende Vigo o botamos da Deputación". O antigo barón do PP pontevedrés redúceo á unha "polémica interesada" do "alcalde populista".
O Estado decidirá sobre a concesión que pide a parella de Feijóo aínda que a xestión do litoral pase á Xunta
O TC estableceu en setembro, ante un recurso de Canarias, que as concesións compensatorias a antigos propietarios non teñen que ver coa ordenación do litoral, que pode ser traspasada ás autonomías, senón coa competencia do Goberno de España sobre o dominio público fixado na Constitución. A Xunta así o asume ás portas de asumir a transferencia
As consultas tardan máis de catro meses en cinco especialidades de Lugo, Ourense e Pontevedra
O servizo de Cardioloxía da área sanitaria de Lugo é, con máis de cinco meses, o que rexistrou maior demora media para lograr consultar con especialistas no peche de 2024. Psiquiatría na área lucense, Oftalmoloxía e Rehabilitación na ourensá e Neuroloxía na de Pontevedra tamén están por riba dos catro meses de espera
A UE brinda apoio á mina de litio de Doade como "estratéxica" no seu plan de materias primas críticas
A explotación é propiedade do grupo aragonés Samca, que tramita permisos ante a Xunta dende o pasado xaneiro, e a selección pola CE propícialle beneficios económicos e administrativos. A promotora da mina asegura que a súa actividade será "sostible" e permitirá extraer "500.000 toneladas ao ano" entre 2028 e 2048. Colectivos ecoloxistas que xa litigaron contra o proxecto nos últimos anos advirten de diversos riscos ambientais
- Datos Dereito á vivenda
- Política
Cinco vivendas protexidas rematadas en 2024 en Galicia evidencian o lastre dunha década de parálise
A Xunta ten en diferentes fases de tramitación algo máis de 2.000 pisos de promoción pública tras unha década na que tanto a vivenda promovida polo Goberno galego como a protexida en xeral quedaron reducidas á mínima expresión. Os datos do Ministerio de Vivenda reflicten media decena de vivendas protexidas rematadas durante o ano pasado: 0,18 por cada cen mil habitantes fronte ás 29 da media estatal
Folga nas residencias privadas: "Imos traballar dopadas ata que rebentamos"
Oito de cada dez prazas de residencias da terceira idade en Galicia están en centros privados. As súas traballadoras están chamadas a unha folga "por un convenio digno" na que a CIG tamén procura facer ver as súas condicións laborais. A "sobrecarga" física e mental deriva en baixas que, advirten, son "un artigo de luxo" con salarios de pouco máis de mil euros por mor dos descontos aplicados ao persoal que debe acollerse a elas, outra das claves da mobilización
O Supremo avala eólicos nos que o TSXG ve fragmentación ilegal
O TS fixa doutrina sentenciando que "o feito de que dúas ou máis" instalacións eólicas "compartan instalacións de conexión" non implica "ineludiblemente" que teñan que ser avaliadas ambientalmente como un único parque. As sentenzas, que aínda non son públicas, consideran o ditame do alto tribunal galego "non axustado a Dereito" e declaran legal a autorización da Xunta ao parque eólico Campelo, en Coristanco e Santa Comba
Altri factura 855 millóns e conta aos mercados que suma "capacidade" de obter eucalipto en Galicia
Na presentación dos resultados de 2024, a compañía celebra a declaración de impacto ambiental "favorável" outorgada pola Xunta á súa fábrica en Palas evidencia que aínda precisa "licenças adicionais". O conselleiro delegado destaca a adquisición das divisións de compra de madeira e loxística de Greenalia: "Reforça a capacidade operacional do Grupo no aprovisionamento de matéria prima", isto é, de madeira de eucalipto
Ence ve no cambio climático unha "oportunidade" para producir máis eucalipto Globulus
A celulosa saíu de perdas en 2024 e rematou o exercicio con beneficios de case 32 millóns de euros. Analiza que coa crise climática o Eucalipto Globulus se vai adaptar "mellor" a "zonas onde hoxe a temperatura é demasiado baixa para o seu desenvolvemento", o que permitirá "aumentar a produtividade" e a "dispoñibilidade de madeira" para as súas fábricas