BNG e PSdeG secundan a preocupación pola "independencia xudicial" co traslado forzoso do xuíz Villares
A vicevoceira parlamentaria nacionalista, Olalla Rodil, ve "evidente" que "o poder das eléctricas e os tentáculos do PP na xudicatura son cada vez máis extensos". A deputada socialista Patricia Iglesias expresa "preocupación" ante a alerta de Xuíces para a Democracia por unha "mobilidade forzosa" que non é "normal" e subliña que "o caos eólico ten un responsable, o Goberno galego"
O ex-alcalde de Noia non vai á súa primeira cita cos sindicatos do ensino, que volven pedir que dimita
Santiago Freire auséntase da reunión coa Xunta de Persoal onde CIG, CCOO, ANPE e STEG ían volve esixir o seu cesamento alegando a necesidade de atender unha incidencia urxente nun comedor escolar de Lousame, onde tamén foi alcalde: "Xa é coincidencia", ironizan
Trinta consultas de 10 minutos: os motivos de O'Mega para frear a folga nos centros de saúde
A organización gremial dá por acadados fitos "históricos" para deter a súa mobilización cun pacto que Sanidade presenta como "adhesión" aos acordos sobre Atención Primaria que xa pechara con outros sindicatos. O pacto non implica a fin da conflitividade nos centros de saúde, a comezar pola folga convocada pola CIG-Saúde para este xoves, día 26
O xuíz Villares, afastado á forza da sección do TSXG que sentencia sobre eólicos e contratos da Xunta
A nova presidenta da Sala do Contencioso-Administrativo xustifica o traslado citando as sentenzas do Supremo que anularon ditames que, participados por Villares, obrigaban a concesionaria do hospital de Vigo a pagar o IBI ao Concello
Sanidade culpa o Estado de que poboación galega sexa a menos satisfeita coa súa Atención Primaria
O Barómetro Sanitario volve rexistrar que valoración xeral do sistema está en Galicia por riba da media, pero reflicte a crise nos centros de saúde. A porcentaxe de valoracións da Primaria como "boa" ou "moi boa" queda no 72,3% fronte ao 80% da media estatal e a nota media que a poboación galega pon ao servizo é a cuarta máis baixa entre as autonomías
O pacto oculto con Altri provoca un cisma inédito en 10 anos de historia da Comisión da Transparencia
Os representantes dos consellos de Contas e Consultivo discrepan sobre como a Xunta argumenta que non coñece o acordo para así denegarllo a Praza.gal, cuxos dereitos ven vulnerados
- Datos Dereito á vivenda
- Política
Os desafiuzamentos multiplican por 15 as ocupacións en Galicia na fin da moratoria dos desaloxos
Os xulgados galegos executaron 994 lanzamentos durante 2025, o 88% en vivendas alugadas. Son menos de mil por primeira vez dende que hai datos comparables nun ano en que as demandas por ocupación caeron ao mínimo dende que se rexistran, 66
O ex-alcalde de Noia pide "tempo para familiarizarse" coa xefatura de Educación entre esixencias de que dimita
Santiago Freire, veterinario de profesión, exerceu case dúas décadas como alcalde polo PP entre Lousame e Noia, cunha paréntese para ser deputado. Sindicatos do ensino, representantes de pais e nais, BNG e PSdeG rexeitan o nomeamento pola ausencia de experiencia educativa e as súas polémicas previas: dos controvertidos gastos hostaleiros do PP noiés aos 'chistes' machistas nun acto do 8M
Política Social vólvese negar a revelar cantas persoas esperan por unha praza de residencia de maiores
A Xunta responde unha pregunta do PSdeG sobre o "número actual de persoas en lista de agarda para unha praza pública en residencia de maiores en Santiago" con datos xerais sobre as prazas existentes na cidade e no conxunto de Galicia e poñendo o foco nos centros doados pola Fundación Amancio Ortega
Máis dereitas en Castela e León tras 40 anos fronte a un estable PSOE
O PP recolle os restos que ficaban de C's e, lonxe das absolutas de noutrora, volve precisar un Vox que baixa da euforia demoscópica pero non da fortaleza onde xa medrara alarmantemente hai catro anos. Os socialistas obteñen un resultado balsámico e fican só tres escanos por tras dos populares
- Crónica
- Política
De Ence e a AP-9 aos ascensos de Feijóo: a herdanza de Aznar en Galicia 30 anos despois
O espectro aznarista camiña sobre as votacións castelás e leonesas deste domingo, cuxa campaña comezou co PP de Feijóo a celebrar o trixésimo aniversario da primeira vitoria do PP nas xerais, período que en Galicia deixou legados aínda moi vivos
Queremos Galego presenta o Plan Lingua Vital: "Asumimos a responsabilidade fronte ao desleixo"
A plataforma lanza o documento de propostas para "reverter a emerxencia lingüística" para "actualizar" e "complementar" o Plan Xeral de Normalización de hai dúas décadas. "Este é o verdadeiro pacto pola lingua, hai sitio para todas as persoas, colectivos e institucións que queiran garantir o futuro do idioma", afirman