Ascensión con arrecendo a polbo e a municipais 2027
A un ano do inicio da campaña dos comicios locais, o día grande das festas compostelás acolle as tradicionais visitas das forzas políticas entre mensaxes que ollan ás urnas, dende o aplauso de Pontón ao labor do goberno de Goretti Sanmartín a Rueda sinalando a Verea como candidato
O novo copagamento farmacéutico: menos gasto das rendas baixas entre ecos dos recortes de Rajoy
O Ministerio de Sanidade reforma unha das medidas máis simbólicas da etapa dos recortes do goberno de Rajoy durante a gran recesión para "reducir desigualdades e garantir a continuidade dos tratamentos". Para a poboación activa os tramos de ingresos pasan de tres a seis, con gastos máximos de 8 ou 18 euros ao mes para quen gane menos de 18.000 euros ao ano
Candia procura blindaxe legal á participación da tránsfuga no goberno de Lugo cun inédito decreto
A agora alcaldesa lucense tenta "evitar" que a responsabilidade de "supervisión política e programática de infraestruturas" que outorga á ex-socialista Reigosa poida "ser interpretada" como un incremento de "dereitos económicos e políticos" prohibido pola lei
Rueda rexeita sancionar a moción de censura de Lugo por incumprir os estatutos do PP
O presidente defende a decisión da nova alcaldesa de retirar unha bandeira de Palestina porque di que goberna "para a inmensa maioría"
Pontevedra, ás municipais: o BNG albisca o oitavo mandato de Lores, o PSdeG apunta á Deputación
O Bloque ratificou "por aclamación" o alcalde pontevedrés para ser o seu cabeza de cartel en 2027 para un mandato no que di ter o reto de "dar un novo salto adiante". O secretario provincial dos socialistas asegura manexar enquisas que auguran "maior número de alcaldías" e a "recuperación do goberno da Deputación", que PSdeG e BNG ostentaron de 2015 a 2023
"A Coruña é unha cidade progresista que precisa un cambio a mellor e eu síntome preparada"
Avia Veira estrearase en 2027 como candidata do BNG á alcaldía da Coruña tras dous mandatos na corporación. Esgrime políticas municipais acadadas mediante pactos co actual goberno do PSdeG en minoría como mostra da, ao seu xuízo, necesidade dun medre do Bloque que lle permita afrontar "en serio" e como "prioridades" cuestións como a vivenda, a mobilidade ou a mellora dos barrios. Ela, mantén, vese en condicións de facelo dende a Alcaldía.
"Goberno lexítimo de Lugo": PSdeG e BNG únense na marcaxe a Candia para "evitar a paralización tras a censura"
Socialistas e nacionalistas acordan, cos ata agora alcalde e tenente da alcaldía á fronte, manteren "reunións periódicas" para "supervisar os proxectos deixados en marcha e garantir a súa execución conforme ao aprobado nos orzamentos" de 2026. A intención, afirman Fernández e Arroxo, é "velar por que a cidadanía non se vexa prexudicada" por unha "operación política" do PP coa tránsfuga que "introduce incerteza sobre actuacións fundamentais" para a cidade
O PP consuma a obtención da alcaldía de Lugo grazas á tránsfuga
A sétima maioría absoluta consecutiva das esquerdas no Concello lucense queda alterada de vez pola suma da ex-socialista Reigosa aos populares para desbancar o goberno de PSdeG e BNG e entregar o bastón de mando a Elena Candia
O goberno de Lugo apura a presentación de proxectos en marcha ás portas da censura
O equipo encabezado polo socialista Miguel Fernández e o nacionalista Rubén Arroxo investiu os últimos días en amosar obras e iniciativas rematadas, a piques de facelo ou que en condicións normais despregarían no ano restante atas as eleccións. Os pasos finais da estación intermodal e de varias obras viarias, a programación cultural ligada ao Arde Lucus ou os patrocinios do Breogán foron presentados polo gabinete de PSdeG e BNG antes da inminente chegada de Candia grazas ao voto da edil tránsfuga
"Non estou na política por necesidade": a tránsfuga de Lugo confirma que dará a alcaldía ao PP
Na véspera do pleno que votará a moción de censura para desbancar o goberno de PSdeG e BNG no Concello lucense, a ex-socialista María Reigosa emite un comunicado no que di confiar "na responsabilidade, na capacidade de diálogo e no proxecto que lidera Elena Candia"
Os estatutos do PP tipifican como moi grave "valerse de tránsfugas para cambiar maiorías de goberno"
O congreso que reelixiu a Feijóo como líder estatal do seu partido en 2025 situou operacións como a que a formación impulsa en Lugo no máximo nivel de reproche na súa normativa interna, con sancións que implican varios anos de suspensión de militancia ou a expulsión. Besteiro pregunta a Rueda se "vai abrir expediente por estas graves infraccións"; Pontón acúsao "empregar recursos públicos para mercar xente", o que cualifica como "corrupción política"
O Estado ratifica que a lei non impedía a residencia freada pola Xunta en Ribeira mentres gobernou o BNG
Política Social escudárase en que o Goberno de España prevía mudar a normativa polas riadas de València para bloquear o centro de maiores que proxectaba no lugar de Saíñas, preto da praia de Coroso. Anunciou o "desbloqueo" do proxecto trasladándoo a outro lugar cinco días despois da moción de censura que devolveu o PP á alcaldía