- Crónica Reféns de Audasa
- Política
AP-9: non penses en Aznar
O Goberno de España deu esta semana en alongar a prolongadísima partida político-xurídica sobre a extensión da concesión da Autoestrada do Atlántico coa Comisión Europea, que a ve ilegal. Xunta e PP súmanse ás voces a prol do rescate da AP-9 cun matiz relevante: borrar da escena a José María Aznar, baixo cuxo mandato a fin da concesión pasou de 2023 a 2048, e atribuír a prórroga a Pedro Sánchez
Pontón pide por carta ao ministro Puente rescatar a AP-9 pola "porta aberta por Bruxelas"
Tras a resposta do Estado ao ditame da Comisión Europea que ve ilegal a prórroga de Aznar, a líder do BNG remite ao titular de Transportes unha copia do informe encomendado pola formación á UDC segundo o cal o rescate da autoestrada custaría uns 900 millóns e o Estado aforraría outro tanto. A Xunta, mentres, asegura que "acudirá á vía xudicial" para ver o expediente aberto pola UE se o Goberno de España non lle amosa unha copia
Os fondos estatais de Memoria Democrática permiten intervir en oito fosas galegas dos golpistas en 2025
A Xunta volve evitar aparecer na 'foto' da memoria histórica e limítase a transferir os fondos remitidos polo Goberno de España ao grupo Histagra da USC, que asume todos os traballos desta volta en Teo, Rianxo, Narón, Viana do Bolo, A Capela, Crecente, Lousame e Mañón
A Deputación de Lugo teme danos nun mapa de Fontán polas obras da Xunta nun instituto
O IES Lucus Augusti custodia unha copia da primeira edición da Carta Xeométrica cedida pola institución provincial. Persoal de restauración do Museo Provincial examínaa e detecta unha capa de po. Profesorado do centro mobilizouse hai poucos días para denunciar que as obras volvesen obstaculizar o inicio do curso: "Están mentindo, non concluíron"
O Estado deixa nas mans da UE levar a prórroga ilegal de Aznar na AP-9 á Xustiza
O Ministerio de Transportes envía á Comisión Europea ao límite de prazo unha "resposta ampla" ao ditame no que concluíu que o Goberno do PP incorreu nunha ilegalidade no ano 2000 ao estender a concesión de 2023 a 2048 sen concurso
A Xunta ten aparcada hai cinco anos unha nova lei contra incendios
En 2020 o Goberno de Feijóo anunciou por primeira vez unha nova lei de incendios para remudar a elaborada en 2007 polo Goberno de PSdeG e BNG, a primeira da historia da autonomía que xa acumula once reformas. Medio Rural chegou a presentar un anteproxecto en 2023 que canda novas medidas como un "mapa dinámico" de riscos de lume ou novas accións forestais incluía a prohibición da "difusión de feitos ou datos falsos en relación cos incendios forestais". O PP volveuna incluír no seu programa para as eleccións de 2024
Besteiro pide "gratuidade total" da AP-9 aproveitando a fin do prazo da UE pola prórroga ilegal de Aznar
Este 17 de setembro expira a marxe de dous meses que a Comisión Europea deu ao Estado para cumprir a lei infrinxida por Aznar ao estender a concesión da AP-9 ata 2048. O líder do PSdeG defende elevar os descontos da autoestrada do 75% actual ao 100% sen "ter que esperar" á resolución definitiva que "con independencia da decisión" do Goberno de España, coida, "acabará nos xulgados"
A Xunta interveu en 673 incendios en agosto e só comunicou medio cento
A conselleira do Medio Rural detalla que os medios de extinción tiveron que intervir en "673 incendios" no mes en que Galicia padeceu a peor vaga de lume en tres décadas. Mentres, o seu departamento só divulgaba 48 deles. Dende 2009, co retorno do PP, a Xunta rexistre unha información de incendios que divulgou completa durante o mandato de PSdeG e BNG
Retorno á zona cero dos incendios dende o ceo para non esquecer
O realizador chairego Daniel Canto retrata cun dos drons da súa produtora, Vagalume Audiovisual, a destrución causada polo lume o pasado agosto en varias das localidades ourensás máis afectadas. "Os que nos dedicamos a isto temos a responsabilidade de amosar o que pasa en realidade", explica Canto, especialmente impresionado polo visto na "arrasada" aldea de San Vicente de Leira
Galicia rexistrou o verán máis cálido dende que hai datos comparables
A temperatura media de xuño a agosto estivo dous graos por riba do normal e choveu un 62% menos do que debería. "Para atopar un verán máis seco temos que remontarnos a 1981", destaca MeteoGalicia
A Xunta de Feijóo contratou ao despacho de Montoro un informe co que aguilloou a fusión das caixas
O Goberno galego contratou entre 2009 e 2011 trece informes ao despacho que fundou o ex-ministro, no centro da investigación por presunta corrupción, que suman algo máis de 172.000 euros. Segundo a relación entregada por Facenda ao BNG, un dos traballos encargados centrouse na "situación económico financeira" de Caixanova e Caixa Galicia nas semanas en que o ex-presidente comezaba a pular por que se unisen esgrimindo un "estudo concienzudo" ao respecto
- Datos
- Economía
Agro e pesca superan as 40 horas semanais en Galicia en pleno debate sobre reducir a xornada
A redución horaria que o "non" de Junts se dispón a frear no Congreso canda PP e Vox favorecería en Galicia a arredor de medio millón de persoas asalariadas