O Estado evidencia que foi incapaz de previr o accidente de Angrois e lánzase contra o maquinista para exculparse
A Avogacía do Estado recorre a "desalentadora" sentenza de Angrois argumentando para exonerar o ex-xefe do Adif que o accidente se debeu só a unha "neglixencia gravísima" do maquinista de tal magnitude que "ninguén podía imaxinala"
O Estado achégase por primeira vez ao financiamento da dependencia en Galicia que lle marca a lei
A lei de dependencia fixa que o Estado debe asumir o 50% do custo das prestacións canda ás autonomías, pero nunca sucedeu. No último ano completo en Galicia superou por primeira vez o 40%. Ao abeiro do plan de choque iniciado en 2020, a achega estatal pasou de 95 a 209 millóns ao ano, subliña o ministro Pablo Bustinduy tras reunirse coa conselleira Fabiola García, que mantén que en 2024 a Xunta asumirá o 70%. Rueda insta a Pontón a que o BNG esixa máis fondos ao Estado e a líder da oposición lembra que xa o fixo
A Xunta devolverá ao Estado 22 millóns de fondos europeos para novas prazas de escolas infantís
Política Social comunica ao Ministerio de Educación que prevé reintegrar máis do 60% dos 34,9 milóns que recibiu para crear ata 3.417 novas prazas de educación infantil de 0 a 3 anos. O PSdeG observa neste reintegro unha "unha mostra máis da incapacidade do PP para xestionar os fondos europeos" e mais tamén "da súa aposta por un modelo que beneficia intereses privados por riba do público"
- 📺
- Política
Santalices apercibe o PP por un vídeo do 'mozo de Arousa' no hemiciclo do Parlamento
Novo choque entre o presidente do Parlamento e o seu propio partido nun contexto no que altos dirixentes da formación non oculta a súa hostilidade cara a el. Envía ao Grupo Popular un "recordatorio" das normas do recinto parlamentario tras gravar o deputado Raúl Santamaría, como concursante de 'Reacción en cadena', un vídeo que inclúe unha entrada no hemiciclo e unha intervención dende a tribuna de oradores reclamando a continuidade do programa na grella de Mediaset
O sistema electoral dispara ao 100% o dominio conservador nas eleccións do Tribunal Superior de Xustiza
Os sete postos en xogo na Sala de Goberno do TSXG quedaron cubertos por membros da conservadora APM malia ao notable apoio da candidatura alternativa. Elíxense cun modelo de listas abertas e maioritario puro, polo que o órgano o conforman as persoas máis votadas cun factor corrector para garantir a presenza de cando menos un xuíz ou xuíza entre os maxistrados e maxistradas, o que desta volta impediu a presenza dunha representante progresista
Sesenta recursos contra a sentenza de Angrois
Máis de medio cento de recursos proceden de vítimas do accidente e das súas familias. O maquinista pide a absolución e o Ministerio Público, aumentarlle a condena e exculpar o ex-xefe de seguridade do Adif
O PP poderá remudar o director da CRTVG só cos seus votos na primeira metade de 2025
A Xunta envía ao Parlamento o texto definitivo da nova lei dos medios públicos aceptando algunhas mudanzas pero mantendo intacta a disposición que permite substituír a Sánchez Izquierdo sen maioría reforzada, apoiándose só na absoluta dos populares. Rueda xustifica que pretende evitar "situacións de interinidade indefinida" na dirección xeral mentres o actual director leva con mandato por tempo indefinido dende 2016 grazas a outra reforma dos populares
Os patrocinios turísticos da Xunta chegan ás discotecas con 150.000 euros para a coruñesa Pelícano
Turismo de Galicia patrocina con 36.300 euros os "eventos do aniversario" da sala e con outros 121.000, os seus "eventos de fin de ano". O orzamento turístico da Xunta disparouse un 90% na última década
Pontón revalida liderado e albo estratéxico no BNG: "Non hai nada máis revolucionario que gobernar"
A candidatura encabezada pola reelixida portavoz nacional obtivo un 84% de apoio nunha asemblea que avalou cun 92% o labor político da dirección. "Non hai unha tarefa máis urxente e necesaria que acabar co réxime absolutista do PP", subliñou Pontón na clausura do conclave, que outorga á súa lista 16 membros na Executiva, por 2 da liderada por Noa Presas e 1 da que tivo á fronte a Gustavo Barcia
A asemblea do BNG, alén das candidaturas: espallamento territorial para "chegar ao Goberno" como "obxectivo básico"
A Asemblea Nacional deste 1 de decembro, marcada pola presentación de tres candidaturas distintas, debaterá un relatorio político que permite albiscar os obxectivos da formación dende o medio prazo aos horizontes estratéxicos
Sae á luz a auditoría da UE que desmontou a verdade oficial de Angrois mentres a Fiscalía tenta sostela
A Plataforma Víctimas Alvia 04155 accede á documentación na que Comisión Europea baseou o seu expediente a España por incumprir a normativa ferroviaria comunitaria, pechado o pasado marzo tras dar por emendadas deficiencias como as detectadas na avaliación de riscos, clave en Angrois
O arquivo de Lugo abre unha fiestra dixital á Galicia de hai un século
A nova web do arquivo municipal lucense incorpora 91 libros de actas do Concello dende o século XVI e fai máis accesible a valiosa colección fotográfica Delgado Guisasola, con máis de dúas mil imaxes da cidade e doutros puntos do país