O arquivo de Lugo abre unha fiestra dixital á Galicia de hai un século
A nova web do arquivo municipal lucense incorpora 91 libros de actas do Concello dende o século XVI e fai máis accesible a valiosa colección fotográfica Delgado Guisasola, con máis de dúas mil imaxes da cidade e doutros puntos do país
O maquinista de Angrois pide a absolución e a Fiscalía, aumentarlle a condena e exculpar o cargo de Adif
No seu recurso á sentenza do pasado xullo, a defensa de Francisco José Garzón subliña que foi "vítima de todas as irregularidades existentes por culpa de Adif, que creou un risco intolerable". O Ministerio Público recorre sostendo que o despiste do condutor foi a única causa "natural e evidente" do descarrilamento e que non é posible condenar "ningunha persoa en particular" pola falta de avaliación de riscos e eivas de seguridade da liña que, admite, existiu
- Datos Orzamentos 2025
- Política
Non só Rueda e Feijóo: 35 orzamentos galegos "en tempo e forma"
Os populares subliñan que "a Galicia que funciona aproba en tempo e forma os seus Orzamentos por 16º ano consecutivo". En realidade, excluíndo demoras técnicas pola celebración de eleccións, isto leva sucedendo ininterrompidamente dende 1991. O feble goberno de Albor non aprobou en prazo ningún dos seus seis orzamentos e os primeiros que chegaron a tempo foron os do tripartito de PSdeG, CG e PNG para 1989, aprobados en decembro do ano previo
A Xunta esixe as competencias meteorolóxicas que o PP se negou a pedir ao Goberno de Rajoy
Rueda retoma a petición dun traspaso reclamado periodicamente en Galicia dende hai un cuarto de século e que en 2014 o propio PP se negou a reiterar alegando problemas legais cuxa existencia agora negan "se o Goberno central ten verdadeira intención de traspasar esta competencia". O presidente sinala "o nivel de calidade, precisión e infraestruturas de MeteoGalicia" como razóns que "nos levan a reclamar as competencias para que as alertas se poidan dar dende aquí" no canto de depender da Aemet
O Estado pasa as facturas da recolleita dos 'pellets' ao armador do Toconao
Nunha resposta a Sumar no Congreso confirma que ten aberto un "procedemento de responsabilidade por contaminación" e xa remitiu as facturas dos gastos que tiveron que asumir Transición Ecolóxica e Sasemar por limpar praias e tentar albiscar 'pellets' dende o aire, aínda que evita revelar a contía. Este incidente virara decontado en crise política en plena precampaña; a Xunta pasara de minimizala a culpar o Goberno de España e afirmara que prevía litigar para que reclamase aos propietarios do barco máis de 2 millóns pola limpeza.
Primeira detección en Europa dunha avespa asiática xigante a apenas 100 quilómetros de Galicia
Un equipo da Universidade de Oviedo acredita durante un trampeo de velutinas a presenza en Asturias da 'Vespa soror' ou "avespa xigante do sur", propia de países como India e Vietnam ou do sur da China. O estudo advirte de que a extensión deste "depredador agresivo" pode ter un "efecto acumulado" coas velutinas e coida que a súa presenza aínda "escasa" é "un punto crítico para a erradicación" e "resposta rápida na localización de niños", que son subterráneos
Segundo intento para declarar o baile e a música tradicionais como ben de interese cultural
Cultura retoma o expediente que freou en 2020 tras recibir numerosas alegacións que advertían de que estaba a impulsar unha incompleta declaración BIC sobre o baile tradicional. O documento detalla como no século XX rachou "a cadea secular de transmisión" deste patrimonio cultural inmaterial, que actualmente vive "un notable rexurdimento" ata volver ser unha "práctica viva, dinámica e participativa"
- Crónica
- Política
O síntoma Chapela
O nomeamento do agora dimisionario á fronte da comisión de cultura do PPdeG foi lido como chiscadela ao 'vello' partido que foi fundado autoencadrándose no "nacionalismo moderado". Marcha falando da "loita soterrada" da dirixencia contra perfís coma Santalices, tan sintomática como as duras críticas da cúpula á dimisión, que ligan ao conflito interno en Bueu e a aspiracións frustradas mentres voces de alto nivel se esforzan en facer ver que vén de se pechar múltiplas portas políticas e profesionais
Os Franco buscan agora abrir a Cornide cun convenio coma o financiado con 50.000 euros da Xunta en Meirás
O conselleiro de Cultura confirma que a familia do ditador recorreu a multa de 3.000 euros por non abriren o histórico edificio coruñés como manda a lei propoñendo "unha fórmula de colaboración" para "permitir as aperturas". O Goberno de Feijóo chegou a asinar cos herdeiros do xeneral golpista dous convenios e unha engádega para sufragar "os custos derivados" de abrir Meirás en eidos como a seguridade que ascenderon entre 2011 e 2012 a 53.713 euros
A RAG insta a López Campos a que o posible pacto lingüístico implique derrogar o decreto do ensino
O conselleiro é recibido na Academia no marco da súa rolda de contactos para un "pacto pola lingua" nunha semana marcada pola mobilización de Queremos Galego e a dimisión do coordinador de Cultura do PPdeG alegando discrepancias en política lingüística. "Cómpre abrir un novo tempo que signifique superar o actual modelo de políticas lingüísticas, entre elas o decreto 79/2010, que limita o uso do galego no ensino", subliña Freixanes
Tres candidaturas para a asemblea nacional do BNG
A deputada Noa Presas e o edil de Mos Gustavo Barcia encabezan senllas candidaturas alternativas á que lidera Ana Pontón, quen resalta que pedirá "a confianza para avanzar na liña política que levou o BNG ao mellor momento da nosa historia
- Crónica As cifras do galego
- Política
A difícil volta ao pacto lingüístico de hai vinte anos suma atrancos
Ao Goberno de coalición PSdeG-BNG correspondeulle comezar a aplicar o Plan Xeral de Normalización aprobado por unanimidade no tardofraguismo. O PP desmarcouse e, cando volveu á Xunta, reduciuno a un "remuíño de ideas", mera "referencia". As discrepancias aireadas polo dimisionario Daniel Chapela acrecentan o mar de fondo lingüístico que persiste no PPdeG dende a ruptura do consenso en 2007 e fan medrar o escepticismo sobre a vontade real de chegar a un acordo