David Lombao

David Lombao

Xornalista galego. De Lugo. Traballei e aprendín na Cadena SER, Radio Voz e Xornal de Galicia. Director de Praza.gal. 

  • Un escudo público-privado abeira á Xunta para non amosar o acordo con Altri

    Economía mantén que a documentación dos pactos coa compañía portuguesa para a súa instalación en Galicia é "interna dunha sociedade privada con participación pública minoritaria" ao ter a Xunta o 40% de Impulsa Galicia e non dispor da "maioría dos dereitos de voto". Contas insiste en que a ese 40% se suma "o 10%, de xeito indirecto" a través de Sogama, polo que Impulsa Galicia debe estar "sometida a control público"

  • O PSdeG abócase a ficar con dous edís en Santiago e os expulsados van "esgotar todas as vías"

    As históricas fendas internas dos socialistas composteláns quedan máis á vista ca nunca coa expulsión de catro dos seis edís da cidade que o partido gobernou durante décadas. A votación dos pisos turísticos foi o detonante do proceso disciplinario, que agora se centra na negativa dos edís sancionados a remudaren o voceiro municipal. A expulsión, advirten, é definitiva pero aínda non firme, polo que de momento seguen sendo edís do PSdeG

  • O BNG promove un parque no lugar da estación dos 70 que a Xunta quere manter en Lugo a petición do PP

    A Xunta chegou a presentar un plan para demoler a vella estación lucense e converter o lugar nunha "nova praza pública con zonas de paseo", pero recuou tras reclamalo o PP da cidade en vésperas electorais. O Bloque concreta un plan para o que, sinalan, é "unha proposta consensuada" na cidade fronte aos "tumbos" da Xunta. A creación deste "pulmón verde" levaría anexo un novo aparcadoiro soterrado e unha parada de transporte interurbano no canto "dun almacén de autobuses, que é o que defende o PP"

  • Rueda (non) queda cos teus impostos

    A errática xestión do Goberno de España sobre a non elevación do mínimo exento de tributación no IRPF para acomodalo á nova suba do salario mínimo é aproveitada polo PP para unha nova vaga de discursos contra os impostos en xeral e en particular contra o tributo sobre a renda, clave no financiamento dos servizos públicos e polo que a Xunta prevé ingresar este ano case 3.800 millóns

  • O PP secunda a Vox con dous votos galegos para pedir que a lingua galega non sexa oficial na UE

    O ex-vicepresidente Conde e Pilar Rojo, anterior presidenta do Parlamento, apoian a proposta na que a extrema dereita insta o Goberno de España a "cesar nos seus esforzos" por lograr a oficialidade na UE das linguas oficiais diferentes do castelán. O PSOE ve "un escándalo" que os populares apoien a iniciativa mentres "enredan cun pacto pola lingua" en Galicia

  • A Xunta lanza máis vivenda pública nun ano que con Feijóo nunha década e só cobre o 13% da demanda

    Vivenda ten en marcha 2.080 pisos públicos. Na última década con Feijóo na presidencia o total de vivendas protexidas iniciadas apenas superaron as 1.500 e as de promoción pública reducíronse á mínima expresión, con varios anos a cero. O Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida supera as 19.000 inscricións, máis de 15.000 delas solicitando vivendas de promoción pública

  • A liña 'antiocupacións' pagada pola Xunta recibe tres consultas nun ano

    O 97% das 109 solicitudes de información recibidas polo Consello da Avogacía en 2024 ao abeiro do convenio pagado por Vivenda estiveron ligadas a desafiuzamentos, problemas co alugueiro ou axudas neste ámbito. Tras publicar que o servizo recibira 109 peticións de información, a Consellería accede a especificar a súa tipoloxía, aínda que só porcentualmente. As relacionadas con ocupacións ilegais quedaron nun 3,2%

  • Os coches oficiais agora son silenciosos

    Que o Goberno galego use coches oficiais non foi motivo de maior controversia dende que Fraga logrou desbancar a Laxe e o mesmo sucedeu dende que Feijóo se impuxo a PSdeG e BNG tras senllas campañas con duras acusacións sobre o emprego destes vehículos. Apenas xeraron ruído cando en 2021 o Goberno de Feijóo renovou os de todo o Consello da Xunta e tampouco agora, cando o gabinete de Rueda leva mercados en poucos meses dez novos automóbiles de alta gama por medio millón de euros

  • A incerteza arrodea a pechada estación de buses de Vigo e a histórica de Lugo pola indefinición da Xunta

    A antiga estación viguesa virou en acubillo para persoas sen fogar. A Xunta vén de decidir valala "para evitar entradas non autorizadas" catro anos despois de anunciar que a transformaría nun "centro interxeracional" e mentres o Concello defende recuperar o terreo e dedicalo a zonas verdes. En Lugo chegou a presentar un plan para demolela e crear unha praza con diversos servizos, pero recuou entre peticións do PP local e agora inclínase por manter o edificio con usos por definir e a parada dalgúns autobuses