- Crónica
- Política
Donald Trump en San Simón
Retallos da actualidade dos últimos días, da negación -despois rectificada- dos presos políticos mortos en San Simón ás alertas 'anti woke' do PP galego no Parlamento Europeo apuntan a un escoramento máis á dereita dos populares, cuxa dirixencia amosa sinais de comodidade na órbita da internacional reaccionaria que logra aínda máis azos co ascenso do vello novo presidente dos EUA
Galicia perde máis de 700 millóns coa derrogación do decreto tombado por PP, Vox e Junts
Un dos artigos que decaen actualizaba o sistema de financiamento autonómico incrementando nuns 702 millóns os fondos para a Xunta por mor da suba da recadación do Estado. Outro achegaba 17 millóns ao Goberno galego e 7,9 aos concellos para os descontos no transporte. O PP pon o foco en que o real decreto beneficiaba os "okupas" e ao PNV cun "palacete"; Besteiro ve "un castigo irracional de Feijóo e Rueda a milleros de galegos" e o BNG reclama un novo decreto "inmediato" para repoñer medidas como a suba das pensións ou os descontos no transporte
- Obituario 40 anos da CRTVG
- Acontece
Superpiñeiro, querida parroquia
Xosé Manuel Piñeiro falece deixando tras de si o ronsel de agarimo que cultivou quen virou en icona da cultura popular do país dende a Televisión de Galicia e a Radio Galega, do emblemático 'Supermartes' ao debate sen cancelas de 'Acompáñenos'. Os recoñecementos chegáronlle con galardóns como a Medalla Castelao pero, sobre todo, coas infinitas mostras de afecto que recibiu ao anunciar en 2018 a súa retirada temporal para tratar o cancro que padecía
As alternativas de BNG e PSdeG á lei de medios públicos coa que o PP blindará o control dende a Xunta
A lei que impulsa a Xunta permitirá ao PP remudar o director xeral da CRTVG só cos seus votos ao rebaixar a maioría reforzada esixida pola normativa de 2011, que nunca chegou a aplicarse. O BNG promove elixir todo o consello de administración por concurso público e o PSdeG reclama, como mínimo, manter a maioría reforzada
Galicia segue perdendo enfermeiras por emigración mentres precisa 10.000 para acadar a media da UE
En 2023 os contratos asinados por enfermeiras galegas noutras autonomías foron 255 máis que os rubricados en Galicia por profesionais chegadas de fóra e só seis comunidades encabezadas por Catalunya teñen saldo positivo. A media europea está nunhas 9 enfermeiras por cada 1.000 habitantes; Galicia destaca negativamente como a segunda autonomía máis afastada deste nivel, con apenas 5
Galaxia celebra 75 anos a "crear porvir"
Tres exposicións, foros de debate, premios literarios e varias publicacións conmemorativas destacan no programa do aniversario da editorial, que fai votos por "permanecer fiel aos principios fundacionais" nunha celebración que terá como acto central unha festa o 6 de setembro
- Crónica
- Política
Junts, tan "letal" para Feijóo como Jácome e Vox
As posturas actuais do PP a respecto dun eventual acordo coa formación independentista catalá para unha moción de censura contra Pedro Sánchez riman inevitablemente cos sucesos ourensáns de hai media década. Daquela a mesma cúpula partidaria que agora comanda o partido a nivel estatal avalou a operación que, en menos un mes, pasou de sinalar a suposta letalidade política do líder de DO a entregarlle a alcaldía da terceira cidade de Galicia
Ata un ano para obter unha primeira consulta en Psicoloxía do Sergas
Só na área de Pontevedra a espera para unha primeira consulta en Psicoloxía Clínica baixa dos seis meses e noutras catro pode chegar aos doce, segundo datos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que advirte ademais de que os tempos entre consultas, de entre dous e doce meses, fan "inviable" aplicar "en calquera área sanitaria" os criterios para abordar doenzas como a depresión. A entidade advirte de que cumpriría un mínimo de 100 profesionais para cumprir a promesa de implantar a Psicoloxía Clínica en Atención Primaria, que Sanidade asegura estar a estudar
- Interactivo Memoria antifranquista
- Política
Centos de mortes de prisioneiros dos golpistas documentadas en San Simón mentres o PP non ten "constancia"
Diversas pescudas históricas acreditan non menos de 400 presos falecidos no campo de concentración da illa, cando menos 8 deles fusilados no lugar e dous procedentes de Celanova, localidade da que o deputado popular que di non ter "constancia" foi alcalde
- Obituario
- Política
Pérez Varela, arquitecto político da Galicia mediática fraguista e do Gaiás
Quen foi titular de Cultura do fraguismo durante case dez anos falece tras case dúas décadas afastado dos focos públicos. Foi o responsable da comunicación e a propaganda na campaña coa que Fraga logrou ser presidente á primeira e asumiu o mesmo rol na Xunta como responsable de gabinete, secretario xeral e conselleiro con control na relación cos medios de comunicación, os grandes eventos do Xacobeo e a construción da Cidade da Cultura
'Fai memoria': ferramentas para que o profesorado aborde a represión franquista nas aulas
O compostelán centro Maruxa e Coralia acolle este 18 de xaneiro a xornada organizada pola Deputación da Coruña para axudar a "reflexionar" nas aulas "acerca do pasado e evitar que no presente se repitan determinadas historias". O programa inclúe actividades en torno á literatura, experiencias de éxito para tratar a memoria histórica nas aulas ou un roteiro pola memoria das mulleres de Compostela
"Non temos constancia que houbese mortes en San Simón": o PP reduce a represión a "abusos" do director da illa
O PSdeG, que pedía constituír un Consello da Memoria de Galicia, lamenta que os populares "abrazan as teses do negacionismo franquista", e o BNG di que "están cruzando todas as liñas vermellas na súa carreira cara á ultradereita"