Vox pide tránsfugas para facer presidente a Feijóo, que en 2019 xa reclamou un boicot dende o PSOE á investidura de Sánchez
"Se alguén pode parar esta coalición entre o Partido Socialista e Podemos debería facelo cada un no ámbito das súas responsabilidades", sinalou Feijóo en 2019 como presidente da Xunta apelando a ex-cargos do PSOE e argumentando que o "partido de Sánchez" xa non era "socialista" nin "español"
Outro Día Nacional de Galicia á procura de ser celebrado
A Xunta volve obviar a denominación oficial do 25 de xullo e esvaece outra volta nesta xornada, limitándose a adherirse á ofrenda da Casa Real ao Apóstolo. O baleiro institucional tenta ser cuberto dende este ano, cando menos parcialmente, pola 'Alba de Compostela', o acto impulsado polo Concello de Santiago coa inspiración do histórico discurso 'Alba de Groria' de Castelao. O novo evento, como as mobilizacións do BNG polo Día da Patria ou a tradicional ofrenda do PSdeG a Castelao seguen un fío lanzado hai máis dun século polas Irmandades da Fala
- Interactivo Xerais 23X
- Política
Máis da metade da poboación galega vive en concellos onde a esquerda foi máis votada que a dereita o 23X
A incontestable vitoria do PP nos escanos galegos do Congreso non impide que as cifras reflictan outra realidade: a suma das esquerdas tivo o o 50,3% dos votos. O xogo matemático da extrapolación das xerais ás galegas situaría o PP retendo a Xunta pola mínima e con Vox entrando no Parlamento
Pedro Sánchez opta a seguir gobernando con pactos coa esquerda e o soberanismo malia ao primeiro posto do PP
A suma das dereitas queda cando menos cinco escanos por baixo da absoluta e sen posibilidades de tender pontes con outras forzas por mor da dependencia de Vox. A correlación de forzas dun eventual duelo de investiduras entre Feijóo e Sánchez estaría nun apertadísimo 172 fronte a 171 que dependería dunha, a priori, complexa abstención de Junts
Non é unha lei, pero reparte escanos: así funciona o método d'Hondt
A proporcionalidade do sistema d'Hondt para asignar escanos aumenta ou diminúe en función de factores como o tamaño da circunscrición. O sistema pode provocar que en cada provincia a forza menos votada con dereito a escano poida acabar disputando un posto á que tivo máis votos
- Crónica Xerais 23X
- Política
A pugna do "voto útil" polos escanos finais que poden valer un goberno medra na fin da campaña
Nas provincias de Lugo e Ourense, o PSdeG apela tamén a votantes de Sumar e mais do BNG, cuxa líder subliña que a formación soberanista "disputa escanos ao PP nas catro provincias", argumento ao que tamén apunta Sumar. O PP clama por "unir o voto" para ter as menores fugas posibles cara á extrema dereita de Vox. Por tras destas consideracións, alén da obvia vontade por captar votantes, está o funcionamento do sistema electoral: dende o limiar do 3% para obter representación ao sistema d'Hondt para asignar escanos
Sánchez reborda en Lugo e augura a vitoria progresista fronte a un PP "desfondado"
Nun ateigado mitin, Sánchez e Besteiro piden o voto a simpatizantes do PP "que non están tranquilos cos pactos do odio" e, no caso lucense, tamén a simpatizantes do BNG e Sumar, porque "todos os votos que non sexan socialistas nesta provincia só axudan a Feijóo"
Sintonía de goberno entre Sánchez e Díaz mentres Abascal promete prioridades negacionistas se a dereita suma
Os líderes de PSOE e Sumar amosan no debate de RTVE a súa vontade de seguiren gobernando xuntos e advirten dos riscos que suporía a dereita para a clase traballadora ou o combate fronte á crise climática e a violencia machista. En ausencia de Feijóo, Abascal aproveitou a súa representación exclusiva da banda dereita para expoñer as prioridades negacionistas que trasladaría ao Goberno de España se logra chegar xunto ao PP
Feijóo repite que ignoraba que Dorado fose contrabandista cando dirixía o Sergas malia seren amigos
"Agora é máis doado saber cousas, porque hai internet, hai Google", di Feijóo, que volve presentarse como "vítima" de "ameazas" a respecto da súa relación con Dorado por parte de rivais políticos
Da Catedral á transformación social no barrio: as homenaxes no primeiro acto do Concello de Santiago no Día Nacional
O cóengo Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral pola divulgación da restauración do templo, e a psicóloga Rosa Álvarez, polo Plan Socio-Comunitario de Vite, destacan entre as persoas homenaxeadas na primeira edición de 'Alba de Compostela'. Os equipos femininos do Hóckey Club Raxoi e a propietaria do pub Borriquita de Belém serán tamén homenaxeadas nun acto que se inspira no 'Alba de Groria' de Castelao no seu 75 aniversario
A Xunta inclúe no Banco de Terras 77 leiras sen propiedade coñecida tras atacalo o PP como plan comunista
A Xunta activa a investigación para "clarexar a titularidade" de 77 parcelas atinxidas por unha das súas aldeas modelo e mentres, inclúeas no Banco de Terras como medida cautelar ao abeiro da Lei de Recuperación da Terra Agraria que impulsou en 2021. Medio Rural explica que incluír as leiras no Bantegal permite evitar que se deterioren, prevén riscos e propicia o seu aproveitamento. Cando o Goberno de PSdeG e BNG o creou, o PP alertou de que medidas coma esta supuñan unha "sovietización encuberta" e a "incautación" de propiedades privadas
Pedro Sánchez encarará a fin da campaña en Lugo, unha das provincias clave para o PSOE o 23X
O PSdeG confirma para este xoves o mitin en Lugo do candidato á reelección xunto a Besteiro, que este martes centra as mensaxes da campaña na sanidade e lembra foron precisas "mobilizacións históricas" para que a Xunta do PP accedese a que o hospital Lucus Augusti non atendese infartos só en horario de oficina