Besteiro procura un mandato completo no PSdeG para lograr poñelo "rumbo á Xunta"
O actual secretario xeral rexistra a súa precandidatura cara ao Congreso Nacional que os socialistas celebran o vindeiro marzo. Di aspirar a "construír un partido unido e un proxecto gañador" nun contexto moito máis complexo que a súa anterior etapa tras os malos resultados electorais de 2024. O venres pecha o prazo para coñecer se será o único candidato ou terá que medirse nas urnas a algún representante do sector crítico que ten como principal expoñente o ex-secretario xeral Gonzalo Caballero, quen apela ao "cambio" dun partido ao que ve sumido no "desastre"
- Datos Dereito á vivenda
- Política
Rueda asina con Feijóo manter a política de vivenda que deixou os pisos protexidos en mínimos
As autonomías do PP pactan co seu líder aplicar medidas que, no caso galego, suporían en boa medida manter os plans de vivenda da Xunta na etapa do ex-presidente, que o gabinete de Rueda está a emendar. Se o actual Goberno aplicase integramente o asinado tería que subir un punto o imposto de transmisións patrimoniais na primeira vivenda para mocidade. En 13 anos de presidencia de Feijóo comezou a construción de 5.462 vivendas protexidas; o goberno de Rueda promete 3.500 en catro anos
Familias ourensás en loita fronte á Xunta pola atención pública aos seus fillos con discapacidade
A Plataforma ProCAPD leva case unha década esixindo que Ourense deixe de ser a única provincia galega sen un centro da Xunta para a atención á discapacidade. Agora, ás portas da súa apertura, esixen cumprir a promesa de que teña xestión pública tras decidir Política Social o contrario
O Goberno de España pide "máis axilidade" cos fondos europeos á Xunta: "Ten o 51% sen adxudicar"
Galicia ten asignados 1.545 millóns de fondos Next Generation dos que 759 xa chegaron ao seu destino e outros 199 xa foron tamén convocados, pero aínda non resoltos. O delegado gobernamental, Pedro Blanco, reclama "maior dilixencia" e defende que o Executivo de Sánchez leva estes fondos "a todos os concellos galegos". Os resoltos directamente polo Estado en Galicia ascenden a 2.046 millóns
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
Os fogares galegos con hipoteca pecharon 2024 en mínimos e xa son menos que os alugados
Na fin do pasado ano apenas un 13% dos fogares estaban a pagar pola primeira vivenda, o valor máis baixo da serie histórica. Antes da gran recesión algo máis do 10% dos fogares galegos pagaba alugueiro, dez puntos menos dos que tiñan hipotecas e agora os arrendados xa son máis. Daquela a hipoteca media nas cidades galegas era uns 2.200 euros anuais máis cara que o alugueiro; agora a diferenza é de apenas 400 euros ao ano
Primeiras vivendas públicas da Xunta en Lugo dende a fin do Goberno de PSdeG e BNG
Dezasete anos despois de que o Executivo de socialistas e nacionalistas aprobase construír 172 pisos públicos no barrio lucense de Garabolos, o gabinete do PP dá luz verde a 146 vivendas de promoción pública na mesma contorna. A alcaldesa da cidade ve unha "boa nova" que o Goberno galego comece a "saldar a débeda histórica" en materia de vivenda pública e subliña que "seguiremos esixindo que cumpra" porque só en Lugo as inscricións no rexistro de demandantes superan o milleiro
Venres de cantareiras: Xabier Díaz comparte dúas décadas de recolleita no ano das gardiás da tradición musical
O músico e investigador divulgará durante o ano das Letras Galegas dedicadas ás cantareiras 54 gravacións realizadas entre 1989 e 2011 con cantareiras de todo o país. "Pensabamos que eran un testamento da tradición, pero era algo que estaba vivo", resalta Xabier Díaz sobre a "escola de vida" que para el foi o contacto coas cantareiras, cuxa homenaxe "no pode chegar en mellor momento, nun tempo no que as herdeiras daquelas mulleres son as protagonistas dun novo rexurdimento da música de noso"
- Crónica Reféns de Audasa
- Política
A AP-9, esixencias de máis subvencións públicas entre beneficios récord
As actuais subvencións para aplicar descontos de ata o 75% na Autoestrada do Atlántico están financiadas con máis de 80 millóns de euros neste 2025. A outra vía posible para influír nas tarifas dende o poder político é o rescate da concesión, vía que tamén está tamén viva no debate público por mor do procedemento de infracción contra España aberto pola Comisión Europea, que ve ilegal a prórroga de Aznar ata 2048, cuxos efectos seguirían sendo os mesmos no caso de que as competencias fosen transferidas á Xunta
O PP alega na fin da investigación dos contratos para engadir que son "irrefutables" as súas propias conclusións
Tras aprobar en solitario o ditame que desbota sobrecusto no Cunqueiro e que familiares de cargos do PP fosen beneficiados por contratos da Xunta, os populares agregan que esas conclusións son "sólidas e irrefutables" e negan os "vetos" dos que os acusan BNG e PSdeG. No mesmo documento xustifican, asemade, tratar como confidencial o informe da consultora PriceWaterhouseCoopers sobre a viabilidade económico-financeira da concesión do hospital vigués
Quince informacións para recuperares se desconectaches do Nadal a Reis
Este 7 de xaneiro é un martes con cara de luns. É posible que durante as festas te afastases un chisco da actualidade -comprensible sempre, máis aínda en plenas celebracións-. O certo é que seguiron sucedendo cousas e en Praza.gal abordamos algúns temas que chegan máis que vivos ao inicio real de 2025. Velaquí unha escolma para, como nos gusta, recuperárelos alén da última hora permanente, para ler e ollar con pausa. Bo inicio de ano!
Eleccións e un futuro que preocupa e esperanza: un retrato informativo do 2024 que marcha
Sobre a base das informacións máis vistas e lidas en Praza.gal durante os últimos doce meses trazamos un resumo do ano que remata
Corpos ocultos "para tapar a magnitude dos crimes": a tese gaña forza nas fosas galegas dos golpistas
O Plan Cuadrienal de Memoria Democrática permitiu, por primeira vez, intervir en fosas comúns de vítimas dos golpistas con aval e financiamento público. A historiadora Conchi López, membro do equipo de Histagra que interveu nas fosas, explica que os traballos acrecentan "os indicios" de que os cadáveres "foron ocultados á mantenta" e ratifica que "queda moito por facer" nun contexto no que a Xunta se limita a transferir os fondos que envía o Estado, pero evita aparecer 'na foto' da memoria histórica