David Lombao

David Lombao

Xornalista galego. De Lugo. Traballei e aprendín na Cadena SER, Radio Voz e Xornal de Galicia. Director de Praza.gal. 

  • Corpos ocultos "para tapar a magnitude dos crimes": a tese gaña forza nas fosas galegas dos golpistas

    O Plan Cuadrienal de Memoria Democrática permitiu, por primeira vez, intervir en fosas comúns de vítimas dos golpistas con aval e financiamento público. A historiadora Conchi López, membro do equipo de Histagra que interveu nas fosas, explica que os traballos acrecentan "os indicios" de que os cadáveres "foron ocultados á mantenta" e ratifica que "queda moito por facer" nun contexto no que a Xunta se limita a transferir os fondos que envía o Estado, pero evita aparecer 'na foto' da memoria histórica

  • Un pacto por máis galego 18 anos despois de inocular que xa abondaba

    Como líder da oposición Feijóo elevou a "conflito lingüístico sen precedentes" a aplicación dun mínimo do 50% da docencia en galego, o mesmo que estipulara o unánime Plan Xeral de Normalización que o actual Goberno da Xunta se propón renovar. Durante anos o PP inoculou por primeira vez na historia da autonomía a mensaxe de que a normalización da lingua galega fora demasiado lonxe mediante un espantallo, o da "imposición", que callou socialmente, especialmente na xente moza. Invertelo semella a tarefa máis urxente das persoas elixidas para redactar o novo plan

  • Cantareira: a palabra do ano anticipa un 2025 de honra ás mulleres que "arrequeceron o cancioneiro e o idioma"

     O resultado da votación organizada polo Portal das Palabras "soa a poesía e a música, a gana de compartir bos momentos, a voz feminina e colectiva". A RAG subliña a "enorme repercusión social, seguramente sen precedentes" que tivo a elección das cantareiras e a poesía popular pola que velaron como figuras homenaxeadas no vindeiro Día das Letras

  • Os nomes da Xunta para renovar o plan lingüístico apenas cumprido tras vinte anos

    Xoaquín Monteagudo, Concha Losada, Armando Requeixo e Edita de Lorenzo están entre os responsables das comisións de traballo para "actualizar" o Plan xeral de normalización da lingua galega, que vai coordinar de novo o profesor e académico Manuel González. O equipo recolle o testemuño do que traballou no proxecto aprobado por unanimidade en 2004, que tivo que comezar a aplicar o Goberno de coalición PSdeG-BNG e do que o PP se desmarcou alegando "imposición" para despois reducilo a "remuíño de ideas" ao retornar á Xunta

  • Nova vida en parcelas incautadas a Marcial Dorado na Illa: vivenda pública, parque e pavillón deportivo

    O Concello da Illa de Arousa confirma a compra de dous terreos incautados ao narco tras lograr que o Plan Nacional sobre Drogas os excluíse dunha poxa. "Marcial Dorado é un coñecido narcotraficante e no seu día tivo algún compañeiro de viaxes que logo chegou a presidente da Xunta e o que fixo en 14 anos foi unha folga de brazos caídos en políticas de vivenda pública", subliña o subdelegado do Goberno de España en Pontevedra

  • A Xunta suma 10 novos coches oficiais diésel e gasolina e afonda no freo da transición a híbridos e eléctricos

    Tras formalizar o pasado novembro a compra de tres novos coches diésel e un gasolina, Presidencia inicia os trámites para mercar outros seis automóbiles de combustión. Tanto os cinco novos diésel coma o de gasolina serán berlinas do segmento D con tracción ás catro rodas e alta potencia. A consellería reserva para ambas operacións case 300.000 euros que, sumados ao importe da anterior compra, elevan o total ata preto do medio millón

  • Panxoliñas e trolls no Nadal político galego

    O PP felicita as festas cun vídeo no que Rueda dirixe un coro de dirixentes do partido á procura, afirma, dun Nadal que "soe ben para todos" cunha mensaxe de harmonía que combinan con outras estratexias para caricaturizar a nacionalistas e socialistas aproveitando as festas. Na felicitación do BNG Ana Pontón canta unha panxoliña tradicional xunto a 'Mini'

  • Contraste político nunha Galicia empatada

    En plena 'resaca' da enorme manifestación contra Altri, a demoscopia apuntou a un mantemento do PP con maioría absoluta. Ese contraste vén marcando unha vida política na que apenas tres puntos separaron as dúas medias Galicias nas urnas o pasado febreiro. Olladas na esquerda ven claro que un eventual cambio pasa por que a media Galicia que se ve representada na oposición á dereita pesque no estremo máis centrista e galeguista do caladoiro do PP. Mentres, os populares afánanse no enganche dalgunhas bandeiras políticas da exitosa campaña do BNG para evitalo

  • Lugo estrea o seu novo auditorio oito anos despois de que Feijóo o dese por inaugurado

    O descubrimento dunha placa por membros de Fuxan os Ventos, que dan nome ao recinto, e un concerto de Ainhoa Arteta abren o agardado recinto cultural lucense e pechan unha espera de case tres décadas. Ata seis conselleiros diferentes, un deles o propio ex-presidente, estiveron implicados nun proxecto que mentres a Xunta tivo rematado, pero sen equipar e pechado, supuxo un gasto mensual de 6.000 euros, e ao que o Concello tivo que achegar case un millón para reparar eivas tras recibilo en 2020

  • O PP conclúe a investigación só: nin sobrecusto no Cunqueiro nin familiares beneficiados con contratos

    "Non se conclúe que existise relación causa-efecto entre a facturación da empresa" na que a irmá de Feijóo é ostenta un alto cargo "e a identidade dos distintos cargos directivos", sostén o documento aprobado polo PP, no que plasman insinuacións sobre "algún familiar ou persoa do entorno directo de Ana Pontón" e a continuación xustifican o veto a comparecencias de familiares do ex-presidente porque "buscaban criminalizar a particulares alleos á política"

  • As tres universidades públicas únense contra o aval da Xunta ao grao de Dereito na privada de Abanca

    A 'Universidad Intercontinental de la Empresa' anunciou a comezos deste mes que ofrecerá estudos Dereito no curso 25-26 e avanzou que ten xa "informe favorable" da Consellería. As facultades que ofrecen esta titulación na USC, UDC e UVigo advirten de que a nova carreira privada é "contraria" á lei por "reiterar" unha oferta académica existente na pública e ven no anuncio da UIE unha actuación "fraudulenta" que "non sería permitida a ningunha das universidades públicas"