A candidata do PP á CRTVG esgrime as súas "decisións capitais" nos informativos como aval para o posto
Os populares eloxian a súa aspirante como "impecable" e con "excelente praxe profesional" e aseguran que son nacionalistas e socialistas quen "tratan de interferir no traballo dos xornalistas". Rodil (BNG) pide a Concha Pombo que "free a deriva" da que participou como directiva "dunha das etapas máis nefastas para o pluralismo" nos medios públicos. "Había tres candidatos: Feijóo, Rueda e vostede e elixiron á máis radical", ironiza Longueira (PSdeG)
- 📺 Crónica
- Política
Medra a indisimulada hostilidade do PP contra o (seu?) presidente do Parlamento
Unha cuestión formal na votación de emendas a unha iniciativa do PSdeG fai emerxer novos reproches da cúpula do PP contra Miguel Santalices, con quen a número dous do partido xa mantivera un enfrontamento público hai poucos meses. As novas tensións chegan pouco despois dos enésimos rumores sobre unha eventual marcha do xefe do lexislativo, que el mesmo se afanou en arrefriar
Absolto o condenado por cómplice do asasinato de Samuel Luiz e ratificadas as penas dos autores do crime
O Tribunal Superior de Xustiza sentencia que o xurado condenou sen probas a Alejandro M.R. porque "ningún dos testemuños" nin as gravacións de vídeo acreditan que golpease a Samuel, "impedise que o axudasen" ou non se "desvinculase" do grupo agresor. O ditame ve probado que o principal acusado "interpretou" que Samuel "era homosexual" e a "súa animadversión" cara a esa "condición" foi a que "desencadeou a reacción totalmente agresiva" na malleira mortal á que se sumaron os outros condenados
Política Social asegura que crea agora o rexistro de familias monoparentais anunciado dende 2010
A Xunta anunciou por primeira vez hai 15 anos a inminente aprobación do Rexistro de Familias Monoparentais, regulado por lei en 2011 e outra volta en 2021, cando o volveu lanzar. Agora, ao instaurar o trámite para solicitar o certificado para estas unidades familiares por vía electrónica, afirma que si o vai abrir
O PP apóiase en Vox para renegar da Policía galega que impulsaron Fraga e o bipartito
"Xamais imos permitir que se bote á Garda Civil de Galicia", clama a deputada ourensá do PP Ana Vázquez, responsable de Interior na dirección estatal do partido, ante unha resposta na que o Ministerio do Interior evidencia que o traspaso das competencias de tráfico encaixa na Constitución se o ampara o Estatuto, como no caso galego
A RAG celebra as cantareiras, "exemplo luminoso" para unha nova política de "entusiasmo" polo galego
A Academia celebra en Malpica un Día das Letras que "celebra o pasado e mira ao futuro": "O tradicional é moderno", proclama a institución, que reclama unha "reformulación a fondo da política lingüística". "Precisamos mensaxes de entusiasmo acompañadas de compromisos tanxibles", "precisamos saír de vez do bucle interminable das polémicas estériles, resalta o presidente da RAG, Henrique Monteagudo. Do que se trata ao cabo, resalta, é de poder "vivir tranquila e plenamente" en galego, "con alegría e sen limitacións"
- Crónica Letras Galegas 2025
- Política
A lingua entre os datos e o pacto
Este Día das Letras é o primeiro dende que os datos do IGE sinalaron que o castelán é o idioma predominante no país, tras os cales a Xunta lanzou o proceso para redactar un novo Plan de Normalización
Santiago aproba a ordenanza que permitirá cobrar a taxa turística
O pleno compostelán dá a luz verde inicial á norma para aplicar o tributo turístico ao que accedeu a Xunta cunha lei que o bonifica ao 100% e deixa nas mans dos concellos recadalo con entre 1 e 2,5 euros por día e un máximo de cinco xornadas. "Compostela foi abandeirada das mudanzas normativas" para a "creación dun imposto do que se beneficiarán moitos outros concellos que tamén teñen unha alta afluencia turística", resalta a alcaldesa, Goretti Sanmartín
- Datos Escola pública
- Política
O alumnado en escolas privadas é máis que as prazas da Xunta dende o inicio da gratuidade
O Ministerio de Educación acredita que máis de 12.000 nenas e nenos acoden a escolas infantís privadas, agora maioritariamente subvencionadas pola Xunta para estender o programa de gratuidade, mentres a rede pública galega ofrece unhas 10.500 prazas, apenas o 30% das financiadas polo Goberno galego. Política Social incide no 60% de escolarización da poboación galega de 0 a 3 anos, un "liderado" estatal que tamén esgrimiu ao devolver 22 dos 34 millóns que o Estado lle transferira para crear máis prazas en escolas públicas
Cantareiras na tele: do histórico documental de RTVE ao 'Non canto por cantare'
Dous traballos audiovisuais con máis de 40 anos entre si reflicten a transmisión da música tradicional á que rende homenaxe o Día das Letras Galegas, dende as recolleitas e o privado aos públicos masivos: unha histórica peza documental de Tereixa Navaza en 1983 coas Pandeireteiras de Mens que vén de recuperar RTVE e a serie 'Non canto por cantare', que Irene Pin estrea en Agalega.gal
- Datos Escola pública
- Política
Centos de crianzas sen praza en escolas públicas tras rexeitar a Xunta 22 millóns para crear máis
126 das 174 escolas infantís dependentes de Política Social tiveron que deixar solicitudes en agarda por superar o número de prazas para o curso 25-26. En total, 3.070 en toda Galicia. A Coruña, con 587, é o concello con máis peticións de prazas que non foron aceptadas. Séguea Vigo, con 415. O Goberno galego reclamou que o fondos aos que renunciou puidesen ser empregados para subvencionar prazas en escolas privadas e non estar "condicionados" a crear máis nas públicas
Concepción Pombo: a elección do PP para dirixir os medios públicos sae da actual cúpula
Os populares propoñen á responsable da área da que dependen os servizos informativos como substituta para Sánchez Izquierdo á fronte da agora denominada CSAG, antiga CRTVG. A nova lei garante que coa súa maioría absoluta será dabondo para nomeárena