Política Social ofrece aos concellos 16 euros por hora da axuda no fogar, que xa custa 22
A Xunta accede a subir dos actuais 12 euros a 14 o ano vindeiro, un máis en 2027 e 16 no remate da lexislatura. A Fegamp urxe a Consellería a asumir o 100% do servizo, cuxos contratos adxudicados en 2025 superan os 22 euros por hora de media. Os Orzamentos de 2026 prevén 148 millóns para o SAF, 8 máis que en 2025, ano durante o cal Política Social leva retirados 19 desta partida para pagar axudas a familiares que coidan persoas dependentes na casa. O Bloque emenda as contas para sumar 15 millóns adicionais
Exhumación de catro guerrilleiros antifranquistas en Teo cos fondos estatais de Memoria Democrática
O equipo científico do grupo Histagra intervén na fosa de Luou (Teo) onde quedaron os corpos de catro membros da agrupación guerrilleira que lideraba o Foucellas, caídos nun enfrontamento coa Garda Civil en 1948. O segundo Plan Cuadrienal de Memoria Democrática, no que a Xunta se limita a transferir fondos do Estado e evita figurar publicamente, comezou actuando nunha fosa de Rianxo e continuará en Mañón. O equipo de Histagra apela á colaboración da cidadanía que poida achegar datos
Guía para denunciar pisos turísticos ilegais: acción directa no activismo galego pola vivenda
A Plataforma Polo Dereito á Vivenda explica en que cómpre fixarse para detectar que unha vivenda de uso turístico non cumpre coa normativa. Se o piso "non está" no rexistro turístico da Xunta, "xa sabes que é ilegal" pero, advirten, "se está non quere dicir que sexa legal", porque cómpre o rexistro estatal e en concellos como A Coruña ou Santiago, a licenza municipal
Cacharro: o PP volve ler o 'Evanxeo segundo San Marcos' do que renegou
"Falar con Cacharro" significou todo durante décadas en Lugo porque o poder personificado era o presidente da Deputación. Gran facedor para uns, cacique para outros, só cedeu o bastón de mando cando o obrigaron as confabulacións dun PP que despois perdeu a institución, afastouno e o deixou só, pero que agora o homenaxea no décimo aniversario da súa morte nun acto encabezado por Rueda no que dan por saldada a "débeda" sen "rancor"
A Xunta nega ter competencia ferroviaria ante a posible implantación do tren de proximidade
O Estatuto dá a Xunta competencia exclusiva en "vías férreas non incorporadas á rede do Estado", isto é, nas que o Goberno de España lle transfira ou nas que cree o propio Executivo galego. Tras renunciar ao prometido Ente Ferroviario Galego e tres meses despois de crear un novo departamento de "Loxística e Instalacións Aeronáuticas e Ferroviarias" , responde ao PSdeG que "non ten competencias en materia ferroviaria" pero "sempre apoiou a creación dunha rede de trens de proximidade" como a que o Estado estuda lanzar en Galicia
Lingua, a prol dunha canle de TVE en galego
"Vimos de ver como Televisión Española firmou un convenio coa Generalitat para a creación dun canal xeneralista en catalán e vemos significativo que este compromiso se estenda a todas as linguas oficiais", salienta Valentín García na constitución do novo Consello das Linguas Oficiais do Estado, onde a RAG tamén reclama que "se axilice a incorporación do galego" a RTVE, especialmente na canle infantil, e o delegado do Goberno de España en Galicia pide á Xunta "máis implicación e ambición nas políticas lingüísticas"
Rueda ve "correcta" a dimisión de Mazón, Pontón e Besteiro lembran un ano de aplausos
O presidente da Xunta e do PPdeG di sentir mágoa por que non se estenda o "exemplo" do aínda titular da Generalitat valenciana entre "algúns" que "teñen moitas responsabilidades" nas consecuencias das riadas. "A dimisión chega un ano tarde e demostra a cara máis escura, indecente e inmoral do PP de Feijóo", coida a portavoz nacional do BNG; o líder do PSdeG censura que a "dimisión en diferido" de Mazón, "un caradura e un sinvergüenza", chegue mentres "aínda non deu explicacións"
- Crónica
- Política
"Asustados"
Dende a súa obvia hexemonía e fortaleza, o PPdeG tende a inscribir o seu discurso no das dereitas internacionais nos que ricos e poderosos dan en presentarse como obxecto de persecución dunha suposta 'ditadura progre', neste caso afirmando estaren asustados por un BNG ao que volven ligar coa violencia
Maruja Mallo, recoñecida polo Estado como vítima da represión do golpe e da ditadura
A gran vangardista galega tivo que exiliarse por tres décadas tras as cales, ao seu regreso, o franquismo procurou ocultar a súa obra. Pedro Sánchez entrega para a pintora e o seu irmán, Cristino, a 'Declaración de reparación e recoñecemento' ao abeiro da Lei de Memoria que en anos previos recibiron Alexandre Bóveda, Castelao ou Alonso Montero no acto oficial ao que Feijóo continúa negándose a asistir
- 📄📺
- Política
O PP xustificou as mocións de censura en Ribeira e Outes con textos case idénticos
Malia esgrimiren motivos locais contra os gobernos que encabezaban o BNG e Compromiso, a redacción coa que fundamentou oficialmente a censura en Ribeira é practicamente igual á presentada oito meses antes en Outes. Parágrafos idénticos nos que só mudan referencias ao nome da vila, o seu número de habitantes ou as persoas que ocupan os cargos combínanse con outros con pequenas engádegas ou expresións reformuladas.
Campaña do PP contra a Universidade da Coruña
Unha semana despois do izado da bandeira palestina na Reitoría da UDC "en sinal de repulsa contra o xenocidio perpetrado en Gaza", os populares intensifican a ofensiva contra o equipo de goberno da institución académica por colocárena nos mastros que habitualmente ocupa a bandeira de España. O PPdeG evidencia que a súa escalada fronte ao reitor Ricardo Cao ten o conflito por Medicina como pano de fondo
Besteiro pide a Rueda non apoiar o recurso de Altri ao plan eléctrico: "Poría en risco centos de millóns"
A compañía portuguesa avanzou a súa intención de recorrer despois de que o Estado deixase o seu proxecto en Palas fóra da planificación eléctrica ata 2030. "Defendemos a industria, pero a que crea emprego de calidade e respecta o noso medio natural", sinala o líder do PSdeG durante unha visita á cooperativa Milhulloa