O Sergas recorta o soldo de médicos de familia con pacientes coas baixas laborais máis longas
Sanidade liga o 10% do complemento de produtividade de persoal médico de familia a que as incapacidades temporais da poboación que atenden non se "desvíen" do "estándar" ou a que respondan un mínimo do 80% das altas propostas pola inspección. CIG-Saúde, sindicato maioritario na sanidade pública, encádrao na "campaña de criminalización das persoas de baixa" e a Xunta asegura que "en ningún caso" está a "fomentar que unha persoa" con "condicións clínicas para estar de baixa vaia traballar"
Educación ordena ao IES de Melide borrar das redes unha mensaxe sobre o "impacto dos recortes"
CIG-Ensino acusa a Consellería de "acosar e a perseguir ao profesorado galego en lugar de poñer os medios e recursos necesarios para o correcto funcionamento dos centros". A Xunta xustifica a orde de retirada porque "as canles de comunicación oficiais dos centros están acoutadas a un uso estritamente de carácter educativo e informativo"
Caixa Rural Galega bate outra marca de beneficios tras volver superar os 30 millóns
A Asemblea Xeral da entidade cooperativa aproba as contas de 2025 con 32 millóns en ganancias tras superar por primeira vez os 2.200 millóns en depósitos da clientela e os 1.000 en investimento crediticio mentres volve aumentar o cadro de persoal
Sanidade xa enviou a Inspección a 110 médicos para promover o remate de baixas laborais
A Xunta atribúe a revisión de máis de 3.000 baixas e a orde de máis de 700 altas ao que denomina "traballo especial de apoio" da Inspección de Servizos Sanitarios ao persoal médico mediante visitas presenciais que "continúan actualmente". O Consello aproba incorporar 18 persoas máis á inspección para controlar baixas cun custo de 3 millóns e novas instrucións para as altas ditadas polas mutuas
Andalucía ratifica a ligazón do PP de Feijóo con Vox malia a caída do PSOE
Os populares de Moreno Bonilla perden a absoluta lograda hai catro anos nunhas eleccións nas que o único medre claro é o do andalucismo de esquerdas de Adelante Andalucía, que cuadriplica representación. A perda da absoluta e de media decena de escanos do PP alarga o impacto do cativo medre de Vox mentres os socialistas, agora coa ex-ministra Montero, diminúen un punto e dous escanos
O PP senta a tránsfuga de Lugo no posto ata agora reservado á Tenencia da Alcaldía
O Concello lucense celebra o pleno de organización tras a moción de censura coa agora "Supervisora de Infraestruturas" situada á dereita de Candia nunha recolocación para a que os populares procuraron tamén blindaxe legal. Os populares asignan a PSdeG e BNG os mesmos recursos económicos dos que dispuñan eles mentres foron grupo único da oposición e salientan unha "redución do gasto político" por haber menos edís do goberno con soldo municipal, aínda que dous seguirán con salario da Deputación e do Parlamento, e aumentan o pago por asistencias
Ascensión con arrecendo a polbo e a municipais 2027
A un ano do inicio da campaña dos comicios locais, o día grande das festas compostelás acolle as tradicionais visitas das forzas políticas entre mensaxes que ollan ás urnas, dende o aplauso de Pontón ao labor do goberno de Goretti Sanmartín a Rueda sinalando a Verea como candidato
O novo copagamento farmacéutico: menos gasto das rendas baixas entre ecos dos recortes de Rajoy
O Ministerio de Sanidade reforma unha das medidas máis simbólicas da etapa dos recortes do goberno de Rajoy durante a gran recesión para "reducir desigualdades e garantir a continuidade dos tratamentos". Para a poboación activa os tramos de ingresos pasan de tres a seis, con gastos máximos de 8 ou 18 euros ao mes para quen gane menos de 18.000 euros ao ano
Candia procura blindaxe legal á participación da tránsfuga no goberno de Lugo cun inédito decreto
A agora alcaldesa lucense tenta "evitar" que a responsabilidade de "supervisión política e programática de infraestruturas" que outorga á ex-socialista Reigosa poida "ser interpretada" como un incremento de "dereitos económicos e políticos" prohibido pola lei
Rueda rexeita sancionar a moción de censura de Lugo por incumprir os estatutos do PP
O presidente defende a decisión da nova alcaldesa de retirar unha bandeira de Palestina porque di que goberna "para a inmensa maioría"
Pontevedra, ás municipais: o BNG albisca o oitavo mandato de Lores, o PSdeG apunta á Deputación
O Bloque ratificou "por aclamación" o alcalde pontevedrés para ser o seu cabeza de cartel en 2027 para un mandato no que di ter o reto de "dar un novo salto adiante". O secretario provincial dos socialistas asegura manexar enquisas que auguran "maior número de alcaldías" e a "recuperación do goberno da Deputación", que PSdeG e BNG ostentaron de 2015 a 2023
"A Coruña é unha cidade progresista que precisa un cambio a mellor e eu síntome preparada"
Avia Veira estrearase en 2027 como candidata do BNG á alcaldía da Coruña tras dous mandatos na corporación. Esgrime políticas municipais acadadas mediante pactos co actual goberno do PSdeG en minoría como mostra da, ao seu xuízo, necesidade dun medre do Bloque que lle permita afrontar "en serio" e como "prioridades" cuestións como a vivenda, a mobilidade ou a mellora dos barrios. Ela, mantén, vese en condicións de facelo dende a Alcaldía.