O plan para o galego admite "urxencia" e suxire mudanzas no decreto do ensino
A Xunta presenta a proposta de novo Plan Xeral de Normalización, que recoñece a "necesidade dunha intervención urxente" e propón lixeiras modificacións nalgúns dos piares legais da política lingüística
O Tribunal Superior volve condenar sen Villares a concesionaria do hospital de Vigo a pagar o IBI
O Supremo anulou a sentenza na que o TSXG condenaba a empresa a pagar ao Concello de Vigo sen que a Xunta a compensase por "vicio de parcialidade" do ex-líder de En Marea. Agora o alto tribunal galego vólvese pronunciar exactamente igual: ve claro que o contrato do hospital non libraba a empresa de ter que pagar o IBI se, como sucedeu, o Concello decidía deixar de bonificarlle o 100% do pagamento
En Lugo non hai praia malia á censura
O PP lucense deu en presentar a instalación dun pantalán provisional para unha proba deportiva como desbloqueo do logro da zona de baño no Miño perseguida durante anos polos gobernos da esquerda. Malia ás facilidades propiciadas agora pola Xunta, este ano tampouco será
A Xunta convoca dúas persoas falecidas e nove xubiladas a elixir destino funcionarial
A demora en convocar o persoal que superou procesos selectivos entre 2019 e 2024 para elixir destino definitivo aboca agora o Goberno galego a corrixir a súa propia resolución para eliminar do chamamento profesionais que neste tempo morreron ou se xubilaron. A orde agora corrixida tamén cancela a participación na elección a persoas que xa teñen destino definitivo ou que gañaron nos xulgados á Administración, que espera novas derrotas pola súa tardanza en adaptarse ao criterio do Constitucional
- Datos
- Política
O pagamento do 50% da dependencia polo Estado, ás portas de pasar dun lema a unha obriga
A lei vixente non obrigou nunca o Goberno de España a financiar o 50% a atención á dependencia, senón que estipulou que a achega autonómica debería ser, como mínimo, igual que a estatal. A reforma que se enfronta á votación definitiva do Congreso obriga o Estado a garantir "un financiamento equivalente ao 50% do gasto total certificado polo conxunto das comunidades autónomas"
Feijóo xa reduciu as baixas por enfermidade a "absentismo" cando as recortou na Xunta
Década e media antes de incluír as incapacidades temporais por enfermidade no mesmo saco político dun "absentismo" que considera un "cancro", o agora líder do PP xa o fixo para gabarse dos efectos de reducir os complementos ao persoal da Administración galega durante as baixas
Sae Altri, entra SAIC e fica un pacto secreto
A Xunta escenifica a remuda nas súas principais apostas político-industriais, da mochila da celulosa portuguesa ao desembarco da automobilística chinesa, cuxa chegada ten altas doses de aposta xeopolítica en coordinación co Goberno de España. E se Feijóo chega a pisar La Moncloa? Ese é un dos temores do movemento contra o proxecto e tamén un escenario que causa escasísimo entusiasmo nos directivos chineses aos que Rueda vén de abrir as portas de Monte Pío
Felicidade cautelosa no movemento anti Altri: "Seguimos vixiantes"
Ulloa Viva celebra mentres "mantén a cautela", a comezar por que a empresa dispón dun mes para un derradeiro recurso administrativo. O BNG insta a manter a atención "por se no futuro o PP resucita o proxecto", o PSdeG lembra os tres "non" do Goberno de España e insta a Xunta a revelar o pacto secreto coa empresa portuguesa
A patronal dos pisos turísticos negou dedicarse á hospedaxe para tentar anular as limitacións en Santiago
A sentenza do litixio no que a 'Asociación de Viviendas Turísticas de Galicia' tentou frear os límites ao seu negocio na capital galega vén de adquirir firmeza tras rexeitar o Tribunal Superior todos os seus argumentos
Altri non: o arquivo do plan para instalarse en Palas vira definitivo
Economía e Industria rexeita as alegacións da empresa e ratifica que o proxecto da súa factoría na Ulloa é "inviable" sen a conexión eléctrica excluída da planificación do Goberno de España
A axenda patronal contra as baixas esténdese en Galicia mentres Feijóo a promete para España
Dende o comezo das lexislaturas galega e estatal a Confederación de Empresarios de Galicia vén esixindo recortes nas baixas laborais, que engloba na categoría de "absentismo", mentres a Xunta incrementa as medidas para diminuílas por diversas vías, dende máis control da inspección e incentivos salariais ao persoal médico que as decide ata maior poder para as mutuas
A Xunta revela as vivendas baleiras da banca ao Parlamento tras ter que publicalas por Lei de Transparencia
Vivenda entregou o 6 de xullo ao PSdeG na Cámara os mesmos datos do seu censo de pisos baleiros propiedade dos bancos que lle negara un mes antes. Pouco antes desta nova resposta Praza.gal obtivo a información e publicouna xunto cunha liberación íntegra dos datos