'Falamos de Memoria' percorre a historia da Silva e o seu pasado obreiro e libertario
Este episodio da serie producida pola Fundación Praza Pública co apoio de 50 en Liberdade recupera a historia dos ateneos libertarios da Silva, das súas escolas laicas e da intensa actividade política e sindical que quedou no albo da represión tras o golpe do 36 contra persoas coma o canteiro anarquista José Boedo, pai de Pucho. Tamén da resistencia das mulleres como Maruxa Seijas
