Milleiros de persoas secundan as reivindicacións sindicais do Primeiro de Maio
Vigo acolle as principais mobilizacións galegas do Día da Clase Traballadora. A CIG clama por "traballo digno, igualdade de salarios e unha Galiza con dereitos" nunha xornada de "denuncia e loita" "contra as "guerras imperialistas" e a "militarización da sociedade". A reivindicación de reducir a xornada laboral a 37 horas e media co "obxectivo final" das 32, no centro das mobilizacións de CCOO e UGT: "Non vivimos só para traballar"