Acusan a UE de "ocultar información" sobre os proxectos mineiros 'estratéxicos' coma o de Doade
200 organizacións de toda Europa remitiron unha carta á Presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, e aos Grupos Políticos da cámara na que denuncian a "ocultación de información básica" sobre estes proxectos e solicitan que se lles permita exercer o seu dereito de acceder á información pública e ambiental.