- Reportaxe
- Movementos sociais
Cumio contra o Discurso de Odio: na procura de "áncoras" e estratexias para loitar contra os bulos que alimentan a ultradereita
Compostela acolle este 15 e 16 de xuño a segunda edición do Cumio Galego contra o Discurso de Odio, un evento impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD coa participación de expertas e activistas co obxectivo de "crear rede entre as iniciativas postas en marcha para difundir o discurso de defensa dos dereitos e a dignidade das persoas".