200 organizacións de toda Europa remitiron unha carta á Presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, e aos Grupos Políticos da cámara na que solicitan que se lles permita exercer o seu dereito de acceder á información pública e ambiental
O pasado 25 de marzo, a Comisión Europea confirmou que a mina de Doade, no concello ourensán de Beariz, é un dos 47 proxectos seleccionados como "estratéxicos" para "garantir e diversificar o acceso ás materias primas na UE". Da mina de Doade prevé extraerse pegmatita, rocha rica en litio, unha das materias críticas que sinala a UE e compoñente básico das baterías de aparellos electrónicos.
Nas últimas semanas plataformas veciñais, entidades ecoloxistas ou o BNG veñen rexeitando o proxecto pola súa "opacidade", o impacto medioambiental ou "a súa utilización para fins armamentísticos". Tamén alertan de que a consideración de proxecto estratéxico "permite a tramitación acelerada de permisos de explotación e impide unha participación efectiva das poboacións locais".

Para as organizacións asinantes, esta falta de transparencia "lanza incerteza" sobre os criterios aplicados para outorgar a determinados proxectos unha cualificación que lles outorgará privilexios económicos e administrativos, tales como a tramitación acelerada de concesión de autorizacións
Esta semana máis de 200 organizacións da sociedade civil de toda Europa, afectadas directa e individualmente por proxectos extractivos aos que a Comisión outorgou a condición de "estratéxicos", remitiron unha carta á Presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, e aos Grupos Políticos da cámara na que denuncian a "ocultación de información básica" sobre estes proxectos. No documento, solicitan que se lles permita exercer o seu dereito de acceder á información pública e ambiental.
Para as organizacións asinantes, esta falta de transparencia "lanza incerteza" sobre os criterios aplicados para outorgar a determinados proxectos unha cualificación que lles outorgará privilexios económicos e administrativos, tales como a tramitación acelerada de concesión de autorizacións. Ademais, sinalan que supón unha vulneración do Convenio de Aarhus sobre información, participación e xustiza ambiental.
Ecoloxistas en Acción alerta de que o proxecto de mina Doade "é unha copia do mesmo que foi denegado hai 3 anos" e que tivo informes desfavorables da Confederación Hidrográfica Miño Sil e do Instituto Geológico y Minero de España
As entidades asinantes advirten que Qas actuais políticas sobre minerais críticos, lonxe de garantir unha transición ecolóxica xusta, profundan nas desigualdades sociais e territoriais existentes e poden aumentar a desafección cara ás políticas climáticasQ.
No documento, demandan, "con carácter inmediato", unha revisión dos proxectos estratéxicos seleccionados de forma que se garanta que non recibe esta cualificación "ningún proxecto con malas prácticas ambientais e sociais, nin proxectos situados en espazos naturais protexidos, así como noutros que fosen merecedores de protección incompatible coas actividades extractivas". Así mesmo, engaden que "é imprescindible un xiro de 180º nas políticas sobre materias primas minerais de forma que se priorice a redución da demanda e a reciclaxe de metais, e que se poña no centro da toma de decisións o benestar da poboación e a súa contorna".
“Resulta incomprensible que con estes antecedentes e a gran oposición da veciñanza da contorna se lle otorgue a este proxecto a consideración de estratéxico”, denuncia Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción
“Para que a política mineira da UE sexa crible e sostible, debe basearse nunha planificación espacial estratéxica que defina con claridade que materias primas necesítanse, en que lugares poden extraerse sen poñer en risco o medio ambiente nin as comunidades, e baixo que condicións deben desenvolverse", din. "Esta planificación debe construírse con criterios de interese xeral e cunha participación pública real e reforzada. Non podemos deixar que o rumbo o marquen propostas dispersas impulsadas unicamente polos intereses particulares das empresas”, afirman desde o conxunto de organizacións asinantes da carta.
Advirten que "as actuais políticas sobre minerais críticos, lonxe de garantir unha transición ecolóxica xusta, profundan nas desigualdades sociais e territoriais existentes e poden aumentar a desafección cara ás políticas climáticas"
En concreto, sobre o proxecto galego, Ecoloxistas en Acción alerta de que o proxecto de mina Doade "é unha copia do mesmo que foi denegado hai 3 anos" e que tivo informes desfavorables da Confederación Hidrográfica Miño Sil e do Instituto Geológico y Minero de España. “Resulta incomprensible que con estes antecedentes e a gran oposición da veciñanza da contorna se lle otorgue a este proxecto a consideración de estratéxico”, denuncia Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción.