Fronte ao odio, orgullo

Manifestación polo Día do Orgullo LGTBIQ+ 2026 en Vigo. CC-BY-SA Cedida

O orgullo máis combativo, transfeminista e galego fíxose escoitar nas rúas esta fin de semana para loitar “contra o odio e a cisheteronorma”, indicacaron desde a plataforma Avante LGTB+, con presenza nas sete cidades

O orgullo máis combativo, transfeminista e galego fíxose escoitar nas rúas esta fin de semana para loitar “contra o odio e a cisheteronorma”, indicacaron desde a plataforma Avante LGTB+, con presenza nas sete cidades. 

En Pontevedra o lema que encabezaba a marchaa e programación do mes do orgullo era "Con Francon NON viviamos mellor", poñendo así o foco na memoria histórica do colectivo e no rexeitamento aos discursos de odio ou que pretenden idealizar a ditadura franquista.

En Vigo a celelebración do Día do Orgullo tivo lugar nun contexto diferente ao habitual. Aínda que normalmente ía seguida dunha celebración, Nós Mesmas xa anunciara que este ano, por primeira vez desde 2009, non se celebraría a 'Festa Diversxs'.  Segundo explicaba nas pasadas semanas a entidade, debeuse a un "aumento" das "dificultades" para organizar eventos sociais, políticos e reivindicativos en Vigo. Nas súas palabras, a organización da festa "implica asumir por adiantado unha serie de gastos importantes derivados dos requisitos esixidos polo Concello".

Mais as rúas viguesas tinguíronse de orgullo igual o sábado pola noite, cunha marcha que percorreu as rúas do centro baixo lemas como “o corpo non binario é revolucionario” e mesmo cunha ‘foliada do orgullo’.

Tamén en Ferrol membros do colectivo LGTBiQ+ e simpatizantes saíron participaron na manisfestación do sábado ao grito de “Que si que temos raiba, que non temos medo” . Algúns manifestantes lamentaron a través das redes sociais que houbo que lles lanzou ovos durante a marcha. 

En Compostela varios centos de persoas percorreron no mediodía do domingo o centro histórico para protestar contra a discriminación e violencia cara ao colectivo.

Xandre Garrido, membro de Avante LGTB+ --unha das asociacións convocantes--, puxo de manifesto unha "escalada de agresións" nos últimos meses 

Encabezada por unha pancarta coa lema 'Contra ou fascismo, queers organizadas' a marcha transcorreu con lemas como "Aquí está a resistencia trans" e "Ou corpo equivocado é o da policía" dsde a Praza 8 de Marzo ata Praterías. 

Antes da saída da marcha, Xandre Garrido, membro de Avante LGTB+ --unha das asociacións convocantes--, puxo de manifesto unha "escalada de agresións" nos últimos meses. 

Ademais, outra das reivindicacións presentes foi sobre o actual desabastecemento do Lenzetto, un fármaco hormonal que toman as persoas trans, pero tamén as mulleres cis en distintas fases de menopausa. "O desabastecemento afecta a todas as mulleres, cis e trans", indicaban no manifesto.

Pola súa banda, na Coruña, a asociación Alas convocou a protesta baixo o lema 'Ás rúas con Orgullo! Disidencia e resistencia'. Deste xeito, a mobilización reivindicará a necesidade de "seguir ocupando o espazo público" para defender os dereitos das persoas LGTBIQ+ "fronte aos discursos de odio, os retrocesos sociais e calquera forma de discriminación". A marcha da Coruña está prevista para as 19.30 h desde a Praza de Ourense deste domingo. Media hora antes sairá a de Ourense desde a Praza Bispo Cesáreo a xa ás 20.00 h arrancará a marcha en Lugo desde a Praza Horta do Seminario. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.