Memoria antifranquista
Ferrol xa é Lugar de Memoria democrática como exemplo de "resistencia ante o fascismo"
O BOE deste luns publica a resolución que declara Lugar de Memoria democrática a cidade de Ferrol. A declaración destaca que "malia a violencia sufrida" a cidade "mantivo viva a súa tradición de loita obreira e de resistencia ao longo do tempo" e sinala unha longa lista de espazos emblemáticos vinculados a esta memoria.
- Reportaxe Memoria antifranquista
- Acontece Lugo
"O Padroado de Protección á Muller foi unha institución de control social e moral das rapazas"
Lugo acolleu a xornada A represión das mulleres. O Patronato de Protección a la Mujer, unha iniciativa da Deputación de Lugo e a Fundación Luis Tilve na que interviron Montse Fajardo, Tamara López Fernández -coas que falamos- e Silvia Fernández Quinteiro. Milleiros de mozas pasaron durante a ditadura e ata o ano 1985 polos centros asociados a esta institución, xestionados en moitos casos por ordes relixiosas.
Os Franco fan caixa cos bens de Meirás nunha poxa de "moito éxito": 10.000 euros por unha xerra
A recadación no primeiro día da poxa, que incluíu pouco máis dun terzo dos obxectos sacados do Pazo, supera os 200.000 euros. Un pequeno óleo das Torres pasou de 60 a 6.000 euros e un retrato do ditador coa muller e a filla, de 80 a 2.250.
Baena e Sánchez-Bravo, lembrados para sempre en Vigo e o asasinato de Reboiras, á querela arxentina
Dous dos cinco últimos fusilados polo franquismo serán homenaxeados polo Concello, que prevé tamén dedicarlle cadansúas rúas. A familia do militante nacionalista asasinado pola policía franquista incorpora o seu caso á demanda en Bos Aires contra os crimes da ditadura.
- Entrevista | Esther Carrodeguas Memoria antifranquista
- Acontece Vigo
A folga xeral de Vigo de 1972 viaxa entre xeracións: "O diálogo da memoria cos adolescentes é primordial"
Esther Carrodeguas (ButacaZero) coordina un proxecto impulsado por España en Liberdade e Teatro del Barrio no que un grupo de 11 mozos e mozas afonda na histórica mobilización sindical a través das artes escénicas e en conversa cos seus protagonistas. O proxecto de investigación escénica estrearase na Sala Ártika en novembro e antes celebrará un "conversatorio interxeracional" e un roteiro polo Vigo obreiro.
A memoria do presos e madriñas de San Simón, "antídoto" contra "as mentiras dos herdeiros da ditadura"
A illa acolleu este xoves unha homenaxe ás 5.600 persoas que foron recluídas neste campo de concentración carcerario e tamén ás mulleres que os auxiliaron, un acto organizado conxuntamente polo Goberno de España a través da Secretaría de Estado de Memoria Democrática e o Concello de Redondela. "O seu legado dános forza para seguir defendendo a liberdade, a democracia e os dereitos humanos", dixo o secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez
6.000 fosas
Francisco Maceira
Homenaxe ao 'médico dos pobres' na casa na que se refuxiou antes de ser asasinado en 1936
Manuel Díaz González foi alcalde do Incio e deputado provincial e foi alcumado así por non cobrar ás persoas necesitadas pola súa atención sanitaria. O 11 de setembro de 1936 foi detido polos falanxistas e executado. Bóveda, O Incio e Lugo acolleron unha serie de actos de homenaxe coincidindo co 90 aniversario do seu asasinato.
O pleno da Coruña apoia anular os acordos que permitiron aos Franco quedar coa Casa Cornide
A decisión, cos votos a favor de PSOE, BNG e PP, supón un paso fundamental para recuperar o inmoble para o patrimonio público, sete anos despois de que se iniciase o proceso.
A Coruña homenaxea Joaquín Martín Martínez, secretario municipal fusilado en 1936
Foi detido na praza das Atochas cando se dirixía ao Concello e posteriormente fusilado no Campo da Rata. Este sábado foi homenaxeado 90 anos despois da súa execución coa inauguración dunha placa na súa memoria na praza das Atochas. A xornada de memoria democrática comezou nos xardíns de Méndez Núñez cunha ofrenda floral ante o busto do alcalde Alfredo Suárez Ferrín, tamén executado hai 90 anos.
Na procura de 197 asasinados polo franquismo no cemiterio ferrolán de Serantes
O gran número de vítimas soterradas aquí converten o lugar nun dos máis importantes da represión en Galicia. Este luns deu comezo unha cata arqueolóxica coordinada polo grupo de investigación Histagra da USC. Os traballos desenvolveranse ata o vindeiro 11 de setembro.