"Moitos que piden lembrar as vítimas de ETA néganlle a dignidade ás do fascismo"
A exposición Galegos en Mauthausen chega a Fene para "recuperar a dignidade" dos cidadáns que sufriron cadea nos campos de exterminio nazi e baseada na obra do mesmo nome. O seu autor, Enrique Barrera, reivindica a memoria destes 200 galegos e a de todos as vítimas das ditaduras que seguen sen ser dignificadas.