Memoria antifranquista
- Entrevista | Luís Sánchez Rodríguez Memoria antifranquista
- Política
"Non ensinar o que foi a represión ten consecuencias como dicir que con Franco se vivía mellor"
Unha nova enorme base de datos con máis de 18.000 nomes de persoas represaliadas ou represores durante a guerra civil e o franquismo está xa accesible na web da CRMH da Coruña. Falamos co seu autor, que botou máis dunha década investigando e recompilando datos sobre unha "historia oculta" demasiadas veces.
Máis de 18.000 nomes na nova gran base de datos da represión franquista en Galicia
A CRMH da Coruña achega vía web unha enorme compilación de persoas represaliadas ou represoras durante a guerra civil e a ditadura franquista, con cadansúa ficha que explica a súa traxectoria persoal, política ou familiar e resultado de máis dunha década de traballo de Luís Sánchez Rodríguez.
A memoria dos lucenses deportados a campos nazis revive nas pedras
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica instala 'storpersteine' para homenaxear sete veciños do Corgo, Outeiro de Rei, O Incio e As Nogais. Todos estaban exiliados en Francia cando foron capturados e internados en campos de exterminio. Só un sobreviviu.
'Che de Pedro', vítima do franquismo e protagonista do Día da Loita da Veciñanza Comuneira en Mazaricos
O 22 de xaneiro de 1963 Xosé Esperante, Che de Pedro, foi asasinado durante un enfrontamento coa Garda Civil no contexto da defensa das terras comunitarias por parte da veciñanza. Dende o 2022 Mazaricos acolle esta celebración na súa memoria. En outubro o Goberno do Estado recoñeceuno oficialmente como vítima da ditadura e fixo entrega á súa familia dunha declaración de reparación persoal.
Estudantes inmolados polo tardofranquismo
Claudio Rodriguez Fer
Santiago celebra o "triunfo colectivo" da recuperación das esculturas do Mestre Mateo
Setenta anos de espolio franquista e oito de litixio finalizan simbolicamente nunha celebración política e socialmente multicolor no Museo do Pobo Galego. Nun discurso inzado de agradecementos, a alcaldesa Sanmartín sinala en compaña dos seus antecesores, Noriega e Bugallo, as pezas como "referencia da loita contra a represión": "Dinnos alto e claro que nunca máis, que o fascismo é morte, falta de liberdade da maioría fronte aos privilexios do réxime"
As esculturas do Mestre Mateo, na casa tras 70 anos de espolio franquista e oito de litixio
A chegada das pezas ao Museo do Pobo Galego, que as custodiará inicialmente e exporá dende o 11 de decembro, culmina a derrota dos herdeiros do ditador no proceso xudicial impulsado polo Concello de Santiago dende 2017. Goretti Sanmartín subliña o fito "histórico" de que lograr "que os Franco teñan que devolver os bens incautados a través do espolio, por unha sentenza por primeira vez na historia"
- Entrevista | Aurora Marco Memoria antifranquista
- Acontece
"Mestras e mestres foron dos máis castigados tras o golpe por 'envelenadores da alma popular'"
O 19 de agosto de 1936 foi fusilada María Vázquez Suárez en Miño. Non lle perdoaron a súa defensa da escola laica, a súa militancia republicana, socialista e a súa actividade sindical. Non lle perdoaron ser mestra. Aurora Marco publica María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo (Alvarellos), un ensaio que percorre a súa vida e detalla a súa detención e, ademais, pon en valor o traballo de mestras e mestres durante a Segunda República.
Dúbidas razoables?
Monón Díaz
'Luz, cinza e pedra': unha serie documental repasa a brutal represión franquista na Coruña
O proxecto reivindica a memoria antifranquista da cidade e arroupa a petición para que a Casa Museo Casares Quiroga: a zona da península da Torre, Punta Herminia e Campo da Rata; e a Casa Cornide sexan declarados Lugares de Memoria Democrática polo Goberno de España.
As pegadas do BOE de Franco na Galicia de 2025
Durante catro décadas a ditadura tomou decisións en todos os eidos; algunhas conxunturais e outras, con tal repercusión que o disposto no BOE franquista chega á realidade galega actual: dende Audasa e ENCE ata os bens apropiados