Manuel Díaz González foi alcalde do Incio e deputado provincial e foi alcumado "o médico dos pobres" por non cobrar ás persoas necesitadas pola súa atención sanitaria. O 11 de setembro de 1936 foi detido polos falanxistas e executado
Manuel Díaz González (O Incio, 1886 - 1936) era chamado "O pequeniño do Incio" debido á súa curta estatura derivada da meninxite sufrida na súa infancia. Tamén foi alcumado "O médico dos pobres" por non cobrar ás persoas necesitadas pola súa atención sanitaria. Estudou Medicina en Santiago e exerceu como médico primeiro na localidade leonesa da Bañeza e dende comezos dos anos 20 na Cruz do Incio.
Xa en 1924 foi elixido alcalde do Incio e despois exerceu tamén como deputado provincial. Xa na Segunda República militou na ORGA e posteriormente en Izquierda Republicana. Colaborou tamén no xornal republicano Siembra, no Incio.
Tras o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu da casa e refuxiouse na aldea de Xullán (en Toimil, concello de Bóveda), na casa que na actualidade acolle A Casa da Memoria. Foi o seu derradeiro refuxio e tamén o lugar onde foi localizado e detido polos falanxistas, que o asasinaron o 11 de setembro no quilómetro 11 da estrada de Laiosa á Cruz do Incio, na parroquia de Eirexalba.
Bóveda, O Incio e Lugo acolleron unha serie de actos de homenaxe ao médico dos pobres coincidindo co 90 aniversario da súa execución
O cadáver de Manuel Díaz González foi atado ao un cabalo para que o arrastrase e o castigo exercido fose visible para a poboación da zona. Finalmente foi soterrado nunha foxa imovisada situada a carón do cemiterio. A súa familia tamén sufriu represalias
Os pasados venres, sábado e domingo Bóveda, O Incio e Lugo acolleron unha serie de actos de homenaxe ao médico dos pobres coincidindo co 90 aniversario da súa execución. As xornadas, organizadas pola asociación Memoria é Naufraga, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, comezaron co descubrimento dunha placa conmemorativa na Casa da Memoria.
Efrén Castro destacou a importancia das xornadas “e máis nestes tempos nos que hai quen nega a verdade do terror da represión franquista”
No comezo das xornadas, o vicepresidente da Deputación e deputado de Memoria Histórica, Efrén Castro, cualificou o acto como “emotivo e simbólico, ao celebrarse na mesma data do paseo de Manuel, un home a quen todos lembraban como bo e xeneroso”. Ademais, destacou a importancia das xornadas “e máis nestes tempos nos que hai quen nega a verdade do terror da represión franquista”.
As xornadas, organizadas pola asociación Memoria é Naufraga, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, comezaron co descubrimento dunha placa conmemorativa na Casa da Memoria, onde refeuxiou e foi capturado
O venres, José Luis Díaz Gómez, investigador titular do Departamento de Historia e Filosofía da Medicina da Facultade de Medicina da UNAM e membro da Academia Mexicana da Lingua, ofreceu a conferencia "El legado del Dr. Manuel Díaz González: O Pequeniño do Incio". A seguir, celebrouse unha mesa redonda baixo o título de "A vida e obra do médico no contexto da II República", con Lourenzo Fernández Prieto, Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco e José Luis Díaz Gómez.
O sábado, houbo unha ofrenda floral no monolito xunto ao castiñeiro centenario onde foi asasinado o Dr. Manuel Díaz, entre Laiosa e O Incio. A continuación, a homenaxe trasladouse ao busto situado na Praza da Vila do Incio.