
Memoria antifranquista
'Eu son': o Museo Provincial de Lugo recolle a memoria das mulleres rapadas polo franquismo
O Museo Provincial de Lugo acolle a exposición temporal EU SON. Memoria das rapadas, realizada por Art al Quadrat (Mónica e Gema Del Rey Jordà). O proxecto vai facer unha recollida de testemuños, lembranzas e historias vencelladas coas mulleres rapadas en Galicia
Buscan en Narón restos de medio cento de asasinados polo franquismo nunha das maiores foxas comúns de Galicia
Neste cemiterio, o 26 de decembro de 1936 foron fusilados 32 integrantes da dotación do Acoirazado España e dous do Contramaestre Casado. Ademais, o 30 de novembro de 1936 foron fusilados e soterrados aquí 10 tripulantes do vapor Dómine, e, en distintas datas, outras sete personas
A marcha da Casa Cornide volve reclamar a recuperación "para o pobo da Coruña" do edificio ocupado pola familia Franco
Defensa do Común impulsou a mobilización, apoiada por medio cento de entidades. O manifesto que se leu ao pé do inmoble reclama ao Concello que presente unha demanda xudicial para acadar a súa devolución e esixe á Xunta que faga cumprir o réxime de visitas previsto na declaración BIC.
O Estado recoñece e repara a Castelao na homenaxe ás vítimas da represión á que rexeita ir Feijóo
O escritor e político galego foi un dos 18 persoeiros recoñecidos este luns polo Goberno de España no 'Día de Recordo e Homenaxe a todas as vítimas do golpe militar, a Guerra e a Ditadura' ao que non acudiu o ex-presidente da Xunta e líder do PP.
Na procura dos restos de Anuncia Casado, a 'Pasionaria galega', aldraxada e asasinada en Viana do Bolo en 1936
Este luns comezaron na fosa común de Castro-Pixeiros, en Viana do Bolo, os traballos de exhumación que buscan recuperar os restos desta muller, nacida en Cualedro en 1887 e labrega, que destacou como organizadora sindical do campesiñado e dos traballadores do ferrocarril, responsable tamén do Partido Comunista na comarca do Bolo
A obra "monumental" sobre o golpe e a guerra civil en Galicia que racha tópicos desde a periferia
Un novo traballo no que participan unha vintena de investigadores supón a maior investigación contemporánea sobre o conflito no país, baseada na idea do territorio galego como laboratorio do fascismos para a construción do que logo sería a ditadura. Falamos cun dos coordinadores do libro.
Piden a eliminación de 124 símbolos franquistas aínda existentes en Ferrolterra, Eume e Ortegal
Manuel Monge presentou un escrito para colaborar na redacción do Catálogo de elementos contrario á memoria democrática que está a elaborar o Ministerio de Presidencia. O informe detalla máis dun cento de elementos e honras en once concellos.
Homenaxe aos fusilados na Poza das Ras: o Comité de Celanova e o Concello de Verea piden declaralo Lugar de Memoria
Medio cento de persoas homenaxean a Julio González Álvarez, Amadeo López Bello, Silvio Torres Díaz e Eloy Romero na Poza das Ras, onde foron asasinados polos golpistas o 29 de agosto de 1936
Reclaman a retirada de nove símbolos franquistas no concello de Nigrán
Igrexas, fontes ou lavadoiros. A asociación cultural Lucenza-Ateneo de Nigrán inventariou un total de nove inscricións franquistas por todo o municipio e solicita ao Bispado e ao Concello que se cumpla coa legalidade da Memoria Democrática.
Santiago rende homenaxe oficial a Ánxel Casal e lanza a Comisión da Memoria das vítimas dos golpistas na cidade
Goretti Sanmartín evoca o histórico galeguista, alcalde de honra da capital galega, como "referencia persoal e política" na véspera do aniversario do seu asasinato nun acto institucional secundado polos concellos de Teo e Arzúa e todos os grupos municipais
O Día da Galiza Mártir gaña peso institucional con Bóveda como símbolo da democracia asasinada polos golpistas
Ante a primeira asistencia dun membro do Consello da Xunta á homenaxe a Alexandre Bóveda, a fundación que vela polo legado do histórico galeguista advirte de que "a valía vai nos feitos e nas obras, as cales collen brillo nas verdades", porque Bóveda "non é un eslogan"