Sánchez abre a conmemoración da fin da ditadura alertando fronte a Musk e a internacional ultradereitista
"A internacional reaccionaria e ultradereitista liderada polo home máis rico do planeta ataca directamente a institucións e chama a apoiar os herdeiros do nazismo", advirte o presidente do Goberno de España. Baixo o lema 'España en Liberdade', Sánchez inaugura doce meses de lembranza do remate do franquismo: "Non cómpre ser dunha determinada ideoloxía para mirar con terror eses anos escuros e temer que o retroceso se repita, basta con ser demócrata"