O Barco volve pedir á Coruña que deixe de honrar o líder da represión franquista en Valdeorras no seu rueiro
O pleno aproba por unanimidade pedir ao goberno local coruñés que substitúa o nome da rúa Peñamaría de Llano polo de Mártires de Valdeorras, logo de pedir sen éxito hai xa dous anos que retirase calquera homenaxe ao ex-rexedor "coñecido polas súas crueis e asasinas accións ao servizo do franquismo".