Confirmado: o cambio climático intensificou as últimas chuvias torrenciais en Galicia
Un estudo científico conclúe que as xornadas de precipitación extrema vividas no noroeste peninsular nas primeiras semanas deste ano foron case un 30% máis chuviosas que antes de que o planeta se quentase 1,3º. O 11% do incremento na intensidade das choivas que sufriron o país e o norte de Portugal é "directamente atribuíble ás emisións de dióxido de carbono".