Galicia rexistra 156 mortes atribuíbles á calor no que vai de agosto, o 13,5% do total do Estado
Pontevedra, con 83 mortes, máis da metade do total, foi a provincia máis afectada pola calor
Pontevedra, con 83 mortes, máis da metade do total, foi a provincia máis afectada pola calor
Dende o comezo da tempada estival estímase que máis de 200 persoas morreron en Galicia como consecuencia da calor excesiva. Ourense superará os 40 graos varios días desta semana e o martes as cidades de Pontevedra e Vigo roldarán os 37 de máxima
MeteoGalicia avanza que a temperatura media do mes pasado foi 20,5 graos, case tres por riba do habitual. Na segunda quincena do mes Ourense só tivo dous días nos que non superou os 30 graos e en catro xornadas rexistrou máis de 40
As estimacións do sistema de Vixilancia da Mortalidade diaria (MoMo) xestionado polo Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) subliñan o impacto que as altas temperatura teñen para a saúde, sobre todo para as persoas de idade avanzada e especialmente en Galicia, que lidera as defincións ligadas a esta causa.
O Observatorio de Saúde e Cambio Climático do Goberno de España elabora unha guía para comunicar as altas temperaturas, porque a evidencia científica é clara: a calor prexudica seriamente a saúde e, canto mellor nos adaptemos a ela, máis se reduce o seu impacto na saúde pública e máis vidas se salvan
Compostela acolle o 49º Congreso da Sociedade Española de Inmunoloxía Clínica, Alergoloxía e Asma Pediátrica. O 20% dos nenos e nenas galegas sofre este problema, provocado sobre todo polos ácaros do po en zonas húmidas coma a nosa. Os expertos alertan contra os problemas derivados da "esterilización excesiva de ambientes" e o uso de antibióticos sobre todo en idades temperás.
En poucos quilómetros, entre A Coruña e Arteixo, xúntanse catro das seis industrias que máis emisións contaminantes causantes do cambio climático sumaron o pasado ano no país.
Os 3,5 millóns de toneladas no pasado ano 2024 supoñen a cifra máis baixa desde 2005. A refinaría de Repsol na Coruña e a central de gas fósil das Pontes lideran a contaminación no país a través destes gases causantes do cambio climático.
O castiñeiro europeo gosta de climas temperados, frescos e húmidos. É por isto que a actual suba das temperaturas medias está a afectar negativamente a esta especie. Un estudo no que participa persoal investigador da USC anticipa unha tendencia á redución da idoneidade do seu hábitat na Península, desprazándose a espazos máis elevados.
Un estudo da UE cifra nun 0,5% o aumento do turismo en Galicia co actual quecemento global, que debera dispararse a niveis de risco para o medio ambiente mundial (4 graos) para que o país captase un 3% máis
Poucos días despois de presentar o cambio climático como oportunidade turística para o país, a Consellería de Medio Ambiente divulga os datos nos que MeteoGalicia acredita que xaneiro foi "extremadamente cálido", cunha temperatura media 1,8 graos por riba do normal
O Goberno galego publicita Galicia como 'Refuxio Climático': "a temperatura media medra 0,2 graos anuais fronte aos 0,25 estatais"