- Datos Cambio climático
- Acontece
Galicia rexistra 242 mortes atribuíbles á calor desde mediados de maio
Unha maioría dos falecementos corresponderon a mulleres (case o 75%) e sobre todo a persoas de idade avanzada.
Unha maioría dos falecementos corresponderon a mulleres (case o 75%) e sobre todo a persoas de idade avanzada.
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil declara nesta situación por escaseza de auga en todos os concellos galegos da súa demarcación, que se unen aos 32 da conca Galicia-Costa que xa o estaban.
Greenpeace presentou o seu informe Destrución custe o que custar, que analiza os problemas que afronta o litoral galego a consecuencia do cambio climático e reclama unha estratexia para a adaptación e conservación da costa.
Subdelegacións gobernamentais e instalacións da Seguridade Social nas principais cidades galegas, no primeiro mapa de instalacións ás que acudir durante episodios de "calor extrema". Pedro Sánchez destaca "axudas de 10 millóns de euros para financiar novos refuxios, incluíndo centros educativos". O delegado gobernamental en Galicia reclama a Xunta, concellos e deputacións "ampliar a rede cos seus propios equipamentos"
O presidente galego critica que Sánchez "propón pactos de Estado que en nada avanzan" e salienta os traballos de limpeza dos montes impulsados pola Xunta
Case o 80% presentan unha situación de seca segundo a análise interactiva realizada polo investigador do CSIC Dominic Royé, baseada nos datos diarios das estacións de control dos cursos fluviais.
A calor excesiva deixa de ser unha excepción en Galicia para ser a norma dos veráns. A repetición de vagas de calor fai que xa a comezos de xullo se igualen as cifras de xornadas con temperaturas excesivas que nas últimas dúas décadas rexistraron de xuño a setembro.
A central sindical constata aulas con crianzas de 0 a 3 anos expostas a temperaturas superiores a 27 graos, urxe a instalación de aire acondicionado nos centros e a aprobación de "protocolos claros" ante a calor. Advirte de que denunciará na Inspección de Traballo "se os responsables dos centros non toman as medidas axeitadas"
O Bloque insta a creación dun "comité especial fronte á emerxencia climática" que tome medidas como "regular horarios de traballo, adaptar vivendas, espazos urbanos con infraestruturas verdes ou unha rede de refuxios climáticos"
A Xunta mantén este domingo a alerta vermella por episodio de calor en 120 concellos, os situados nas zonas isoclimáticas do interior da Coruña, centro de Lugo, montaña de Lugo, sur de Lugo, montaña de Ourense e interior de Pontevedra
Greenpeace publicou este xoves o informe Ciudades al rojo vivo, no que analiza a existencia destes espazos nas 50 capitais de provincia no Estado. Galicia carece deles, fronte ás redes que se están a poñer en marcha en Cataluña ou Euskadi. O documento destaca que "o norte xa non é un destino para escapar da calor" pois "durante os momentos de altas temperaturas de maio e xuño, as súas cidades destacaron polas constantes alertas vermellas sanitarias".