A cidade de Ourense marcou a temperatura máxima este sábado en Galicia. Pouco antes das sete da tarde acadáronse os 42,6 graos, o nivel máis elevado acadado este ano na urbe
A cidade de Ourense marcou a temperatura máxima este sábado en Galicia. Pouco antes das sete da tarde acadáronse os 42,6 graos, o nivel máis elevado acadado este ano na urbe. Outras localidades, tanto da provincia de Ourense coma do sur de Pontevedra rexistraron valores semellantes: Salceda de Caselas (41,6), Arbo (41,6) ou Salvaterra do Miño (40,8). O Baixo Miño repetiu este sábado temperaturas por riba dos 40 graos por segundo día consecutivo.
Foi unha xornada de calor intensa en practicamente toda Galicia. O mapa de Meteogalicia amosa que os 40 graos se rozaron tamén en zonas do interior de Pontevedra, como Caldas de Reis, e do sur da Coruña, como Compostela e a súa comarca ou Noia. E, igualmente, no sur de Lugo. Tan só na Mariña o vento do nordés permitiu gozar dun día fresco, con temperaturas máximas que roldaron os 20 graos.
A xornada de calor deu continuidade, ademais, a unha noite igualmente calorosa, na que os termómetros non baixaron en ningún momento dos 25 graos na cidade de Vigo (25,1 graos de mínima), o que a converteu nunha noite tórrida
A xornada de calor deu continuidade, ademais, a unha noite igualmente calorosa, na que os termómetros non baixaron en ningún momento dos 25 graos na cidade de Vigo (25,1 graos de mínima), o que a converteu nunha noite tórrida, o mesmo que noutras zonas das Rías Baixas, que tamén superaron os 20 graos. En Vigo as temperaturas roldaban os 30 graos aínda preto das 12 da noite.
De feto, na cidade olívica o Concello decidiu suspender este sábado e domingo todas a actividade deportiva federada e a celebración de calquera evento deportivo previsto ao aire libre (excepto actividades náuticas e de motor) despois das 12 do mediodía.
A Xunta mantén este domingo a alerta vermella por episodio de calor en 120 concellos, os situados nas zonas isoclimáticas do interior da Coruña, centro de Lugo, montaña de Lugo, sur de Lugo, montaña de Ourense e interior de Pontevedra
A Xunta mantén este domingo a alerta vermella por episodio de calor en 120 concellos, os situados nas zonas isoclimáticas do interior da Coruña, centro de Lugo, montaña de Lugo, sur de Lugo, montaña de Ourense e interior de Pontevedra. Nestas áreas suspéndese a actividade deportiva federada no exterior de 12.00 a 20.00 horas.
As zonas isoclimáticas do suroeste da Coruña, Miño de Ourense, litoral de Pontevedra ou Rías Baixas e Miño de Pontevedra permanecerán en nivel de alerta laranxa