Os últimos comicios celebrados en condicións de normalidade foron os de 2016. En relación con esa convocatoria, cando ao redor de 46 mil persoas pediron votar por correo, o número de solicitudes medra un 36%
Correos admitiu 62.831 solicitudes de voto por correo para as eleccións do vindeiros 18 de febreiro. A cifra está por debaixo dos datos das últimas eleccións ao Parlamento galego (77.057), pero convértese na segunda máis elevada da serie histórica. Cómpre poñer estes números en contexto. As eleccións de 2020 celebráronse en xullo e, ademais, no marco da pandemia de COVID, dous factores que animaron moitos votantes a facer uso desta opción para emitir o seu sufraxio.
Os últimos comicios celebrados en condicións de normalidade foron os de 2016. En relación con esa convocatoria, cando ao redor de 46 mil persoas pediron votar por correo, o número de solicitudes medra un 36%.
As eleccións de 2020 celebráronse en xullo e, ademais, no marco da pandemia de COVID, dous factores que animaron moitos votantes a facer uso desta opción para emitir o seu sufraxio.
Pode funcionar a información sobre a demanda do voto por correo como un indicador de mobilización electoral? Pois si, en parte, aínda que as cifras deben ser analizadas con coidado e sempre poñéndoas en perspectiva con outros factores. En primeiro lugar, hai que dicir que a tendencia é que, convocatoria tras convocatoria, o número de solicitudes de voto por correo sexa maior. Semella que cada vez máis xente atopa esta opción cómoda e segura. O gráfico anterior amosa esta tendencia á alza dende os datos de 1997 (15 mil solicitudes) ou 2001 (algo máis de 20 mil) ata os actuais.
Un aumento do voto por correo determina unha participación maior nas eleccións? Pois depende. O factor que inflúe de forma máis significativa no voto por correo é o estacional, ademais da evidente tendencia á alza nos últimos anos. Con todo, o aumento do 36% no número de solicitudes con respecto a unhas eleccións celebradas practicamente no verán, como foron as do 25 de setembro de 2016, semella un cifra moi elevada
En segundo lugar, cómpre salientar que o calendario determina enormemente a evolución do número de solicitudes de voto por correo. Así, cando as eleccións se celebran en meses próximos ao verán -entre xuño e setembro- as peticións aumentan máis, mentres que no resto do ano a demanda é menor. Vímolo no 2020 (eleccións en xullo), pero tamén en 2016 (setembro) e 2005 (xuño), fronte aos comicios de 1997 e 2001 (outubro), 2009 (marzo) e 2012 (de novo en outubro).
Daquela, un maior aumento do voto por correo determina unha participación maior nas eleccións? Pois depende. As eleccións de 2020 rexistraron ao mesmo tempo un récord positivo de solicitudes de voto por correo e un récord negativo de participación (48,96% con CERA, 58,88% sen CERA). Entre o 2001 e o 2005 (as eleccións do cambio) a participación aumentou catro puntos e tamén o fixo de forma moi notable o voto por correo. Entre 2005 e 2009, en cambio, a participación mantívose estable e o voto por correo descendeu. Por último, entre 2012 e 2016 a participación caeu lixeiramente, mentres que o voto por correo aumentou.
As persoas que solicitaron o voto por correo teñen ata o vindeiro xoves 15 para depositar o seu sufraxio
Polo tanto, semella que o factor que inflúe de forma máis significativa no voto por correo é o estacional, ademais da evidente tendencia á alza e que, polo tanto, estes datos non son un indicador moi fiable de mobilización electoral. Con todo, o aumento do 36% no número de solicitudes con respecto a unhas eleccións celebradas practicamente no verán, como foron as do 25 de setembro de 2016, semella un cifra moi elevada.
As persoas que solicitaron o voto por correo teñen ata o vindeiro xoves 15 para depositar o seu sufraxio.