Política
A TVG prevé un só debate ás 9:30 da mañá na campaña das xerais
As forzas políticas reciben este venres o plan de cobertura elaborado pola CSAG para o 29N, cun só debate televisivo matinal e noutro na Radio Galega ás oito do serán. RTVE propón tres de ámbito estatal en horario de máxima audiencia. PP, PSdeG, Fronte Ampla e BNG elixirán as quendas de apertura e peche dos catro bloques temáticos dos debates e a súa situación no estudio por orde dos votos obtidos en 2023 e non por sorteo
Tras a dimisión de Puente, Adif agarda o sétimo presidente en dez anos
O vicepresidente Carlos Cuerpo asume o despacho ordinario dos asuntos de Transportes e afronta a saída tamén do ata agora presidente de Adif, Luis Pedro Marco de la Peña, tras dous anos nun cargo con pouca estabilidade na última década
Agora permisos a estranxeiros e aeródromos: os traspasos á Xunta volveron coa esquerda
Xunta e Goberno de España acordan o traspaso de dúas novas competencias a Galicia que suman un total de 99 con gobernos socialistas -só tres con Sánchez- fronte a 34 co PP e 24 con UCD
Galicia recibe competencias de permisos a estranxeiros e aeródromos: 3 con Rueda, 0 con Feijóo
A comezos do próximo ano a Xunta será quen outorgue permisos de traballo e autorizacións para aeródromos e helicópteros, mentres o Estado manterá os permisos de residencia e o control aéreo
O Consello de Seguridade Nuclear asume a inspección radioactiva en Galicia ao xubilarse o técnico da Xunta
CNS e Consellería de Presidencia acordan que o ente estatal asuma as funcións que leva exercendo a Administración galega dende que Fraga as asinou en 1990. O funcionario "cuxa idoneidade foi apreciada" en 1991 "causou xubilación" e "na actualidade, a Xunta non dispón doutro inspector/a que cumpra os requisitos". A suspensión manterase "mentres subsista a falta de medios persoais idóneos"
Rueda usa contra Besteiro o accidente de Urda e Pontón retrúcalle coas manobras do PP en Angrois
O presidente acusa aos socialistas de "converter as infraestruturas ferroviarias que eran un orgullo nunha vergoña" e a nacionalista pregúntase se "hoxe estariamos nesta situación" se tras Angrois "se fixeran ben as cousas"
Medidas anunciadas por Puente antes de dimitir xa foron aprobadas ou desbotadas tras Angrois
Supervisión da normativa pola Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria, redeseño dos compartimentos de equipaxe, maior atención ás condicións psicofísicas do persoal para evitar erros humanos ou máis apoio ás vítimas foron medidas xa anunciadas en 2013
Puente anuncia a súa dimisión ao remate da súa intervención no Congreso
O ministro dimite horas despois de aprobar novas medidas de seguridade e tras unha comparecencia na que PP e Vox o acusaron xunto a Sánchez de "amañar contratos e contratar Koldos" e "prostitutas de Ábalos"
Un relato sobre o PSG: memorias dun “militante de aluvión” (e V)
Manoel Barbeitos
"Ao bordo do crack": as deputacións de PSdeG e BNG esixen máis fondos "obxectivos" da Xunta aos concellos
Nas comparecencias ante o Parlamento para presentaren os seus orzamentos de 2027 o presidente da Deputación da Coruña advirte duns municipios "asfixiados polos custos" e a presidenta da de Lugo "reta" o Goberno galego a "abrir o debate sobre o reparto dos fondos públicos" para "que non dependan de quen goberne noutra institución": "Non son favores, pertencen á cidadanía"
Nin medo nin derrotismo
Xosé Mexuto