-
De RTVE á amnistía: todo o que a dereita querería cambiar e o que a lei non lle permite desfacer
PP e Vox queren reformar as institucións e derrogar leis de Sánchez, pero enfrontan límites constitucionais e europeos. Seguir lendo
-
OPINIÓN
Dubida Feijóo de Rajoy e Pastor por Angrois?
O popular carga contra Sanchez polos accidentes ferroviarios con dúas cuestions relevantes no sinistro de Santiago, o peor da alta velocidade española, a xoia da coroa para Vox. Seguir lendo
-
Este venres, 27 de novembro, finaliza a campaña das eleccións xerais. A medianoite dará paso á xornada de reflexión, vinte e catro horas nas que xa estará prohibido pedir o voto antes da transcendental cita do domingo. Ninguén está seguro do que vai suceder. No seo dos partidos multiplícanse as contas en torno aos inquéritos que está prohibido publicar. O debate electoral da pasada noite exerce como enésimo axitador do panorama. Ninguén, nin en Galicia nin no Estado, desbota ningunha posibilidade.
Abascal, Sánchez, Feijóo e Colau, antes do inicio do debate electoral organizado pola Academia de Televisión, este 26 de novembro de 2026 CC-BY-NC-SA Eva Ercolanese / PSOE CRÓNICA
Sánchez e Colau exhiben tándem progresista fronte a Feijóo, que promete cambio xunguido a Vox
O candidato á reelección polo PSOE e a aspirante da Fronte Ampla evidencian coordinación nas grandes políticas e nos tirapuxas coas dereitas nun debate televisivo no que a ex-alcaldesa de Barcelona logra marcar o ritmo e o socialista, recuperar o seu ton habitual. O ex-presidente da Xunta tenta sen éxito converter o encontro a catro bandas nunha segunda parte do cara a cara con Sánchez, a quen reprocha corrupción e fronte ao que se presenta como garante de "decencia" e "xestión". Seguir lendo
- Política Ao vivo
Derradeiro día para pedir o voto: ninguén seguro