Unha candidata do PSdeG en Pontevedra, sen dereito a voto polo veto do Supremo aos 'netos'
Shirley Estévez, integrante da lista socialista pontevedresa, non pode votar a súa propia candidatura pola prohibición cautelar do alto tribunal e a Xunta Electoral indícalle que, na hipótese de que acabase tendo que incorporarse ao Congreso, resolvería "o que proceda". O que fontes socialistas sinalan como situación "absurda" increméntase porque o fillo da candidata, que accedeu á nacionalidade por tela a súa nai, si pode votar dende o Uruguai, onde están inscritas case 40.000 persoas no CERA das circunscricións galegas e case 3.000, afectadas polo veto