-
Pedro Sánchez evoca o seu "cheo no Fontes do Sar, sen lonas nin bancadas tapadas" para augurar que o electorado galego "confiará" no PSOE o 29N
Pedro Sánchez evoca o cheo logrado no seu mitin central en Galicia, o pasado venres no Fontes do Sar en Santiago "sen lonas nin bancadas tapadas" para augurar que o electorado galego vai "confiar" no PSOE o 29N igual que "confían en nós nunha das políticas que máis importan, a local" para "xestionar algúns dos concellos máis importantes" como Vigo, A Coruña ou Vilagarcía, cita.
Nunha entrevista cos xornais do grupo Prensa Ibérica, o candidato socialista á reelección na presidencia do Goberno de España reivindica que o seu Executivo transferiu á Xunta "case 20.000 millóns máis que con Rajoy" e agarda que, unha vez aprobada a lei para o traspaso da AP-9, "as negociacións" co Executivo galego "conclúan cun acordo beneficioso para responder a unha demanda transversal do pobo galego". Nese sentido, advirte Sánchez, "hai que lembrar que foi Aznar quen prorrogou, ilegalmente, a concesión ata 2048".
-
Feijóo, nunha imaxe da propaganda electoral do sindicato de persoal interino Afica (1988), recuperada pola CIG en 2012, sinatura do ex-presidente como sindicalista e imaxe dunha comparecencia no Parlamento nos 90 como alto cargo de Romay Beccaría CC-BY-NC-SA Praza.gal "Compañeiro Feijóo": os anos de ascenso meteórico do ex-presidente rexorden en campaña
As mencións do candidato do PP á súa condición de funcionario como "letrado da Xunta", postos de alto rango creados seis anos despois do seu acceso como interino ao corpo superior da Administración Xeral, evocan os tempos en que foi sindicalista, xa lembrados pola CIG en 2012 para confrontalo cos recortes que aplicou ao persoal público, xusto antes de iniciar unha sucesión de cargos políticos da man de Romay Beccaría. Seguir lendo
-
Mensaxe do Goberno dos EUA contra o Goberno de España a catro días das eleccións xerais do 29N CC-BY-NC-SA Praza.gal O Goberno dos EUA entra na recta final da campaña alentando as teses migratorias da extrema dereita
O Goberno dos Estados Unidos aproveita a recta final da campaña electoral para acusar o Goberno de España de aplicar "políticas radicais de fronteiras abertas". Faino a través do seu Departamento de Seguridade Nacional que, mediante unha mensaxe en redes, anuncia a "deportación voluntaria a España" de Kilmar Abrego, o cidadán salvadoreño que virou en símbolo da resistencia fronte á policía antiinmigración de Donald Trump, que lle atribuíu diversas acusacións falsas.
-
Maratón de Besteiro a prol de Sánchez fronte a un Feijóo "acompañado pola mentira"
"Asegura que sacou as oposicións de letrado da Xunta antes de que as houbese; con Marcial Dorado estaba desorientado e agora, tamén acomplexado", ironiza o líder do PSdeG sobre o xeito en que o ex-presidente relata como chegou a funcionario da Administración galega. "Se queremos parar á dereita hai que votar o Partido Socialista, cada voto que se dispersa é un regalo para Feijóo e Abascal", mantén sobre as circunscricións de Lugo e Ourense. Seguir lendo
-
Persoal da TVG denuncia en TVE que o PP "non deixa informar con veracidade" na televisión pública galega
Mayte Cabezas, histórica xornalista da canle, advirte de que nos medios públicos de Galicia "se informa mal" e de maneira partidista e que neles "non existe a oposición" ou está "minimizada". "Créase unha realidade paralela", explica, logo de que Feijóo cualificase de "norcoreana" a TVE. "Queremos informar con veracidade e non nos deixan; eu e outros moitos formos invisibilizados porque non remamos dabondo a favor de obra", explica.
Mayte Cabezas denunciou en 2023 que foi trasladada por sorpresa á radio logo de trinta anos na TVG só uns días despois de criticar a Feijóo nas redes sociais.
-
O BOE fai oficial a ampliación dos permisos por nacemento e falemento
O Boletín Oficial do Estado publica o Real Decreto-Lei aprobado polo Consello de Ministros este martes que amplía os permisos de paternidade e maternidade e mais os destinados aos casos de falecemento de familiares. Os permisos por nacemento e coidado de crianzas aumentan unha semana ata un total de 20 e de 32 a 34 en familias monoparentais, en liña co comprometido dende o inicio do mandato e co marcado pola UE. O permiso por falecemento de familiares en primeiro grao increméntase de dous a dez días laborables. Para seguir en vigor deberán ser convalidadas polo Congreso dos Deputados -pola Deputación Permanente, toda vez que a Cámara Baixa está disolvida por mor da convocatoria electoral e a que resulte do 29N non se constitúe ata o 23 de decembro-
-
A catro días das eleccións xerais, a coincidencia da campaña do 25 de novembro, o día contra a violencia machista, marca gran parte das mensaxes de campaña dos partidos políticos para este mércores. A xornada ten no horizonte un debate, o que -agás mudanzas de última hora- enfrontará este xoves a Pedro Sánchez, Alberto Núñez Feijóo, Ada Colau e Santiago Abascal organizado, coma o cara a cara da pasada semana, pola Academia de Televisión. E tamén se desenvolve entre ecos do amplo paquete de medidas sociais aprobado polo Consello de Ministros este martes, coa ampliación dos permisos de paternidade e maternidade como emblema canda o aumento das licenzas por falecemento de persoas achegadas.
- Política Ao vivo
Faltan catro días: 25N en campaña e un debate no horizonte
Hemeroteca
-
Vinte semanas por nacemento: claves dos novos permisos na fin da lexislatura
-
Feijóo considera "norcoreana" a TVE mentres obvia anos de condenas e protestas por "manipulación" na TVG
-
"Conformámonos ou imos a por todas?": o BNG apela a "combinar realismo, desexo e forza" o 29N
-
O voto CERA: dos mortos ás urnas