"Conformámonos ou imos a por todas?", interpelou o número dous da candidatura por Pontevedra do BNG, Roberto Pascual, no acto central da campaña nacionalista en Vigo. "Vexo nas vosas caras que ides a por todas", engadiu para reivindicar que quere ser "o deputado dun Vigo ambicioso e dun Vigo mellor" a partir do 29N.
Pascual, profesor e vicedirector da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, indicou que este domingo é preciso "combinar realismo, desexo e forza" nas urnas cunha papeleta que "garante" un "trato xusto para os intereses galegos" e "estilo propio fronte á confrontación, a impostura e o odio". "Se unimos o voto no BNG, Galicia ten un superpoder para facernos valer e respectar", asegurou a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón.
O mitin deste martes celebrouse nunha sala do Auditorio Mar de Vigo que quedou pequena, superando as 500 persoas asistentes, segundo informou a organización. Durante o acto, Roberto Pascual agradeceu o apoio do representante do Partido dos Trabalhadores (PT) de Brasil, actual diputado federal electo por Bahía, Jorge Solla, fillo de galegos na diáspora. Solla, que acompañou a Lula no seu encontro con Pedro Sánchez, chamou ás galegas e galegos no Brasil a votar polo BNG e este mércores respaldou os nacionalistas no mitin de Vigo, ao que tamén asistiu a eurodeputada do Bloque, Ana Miranda.
"Non imos dar nin un paso atrás na defensa dos servizos públicos, como tampouco da clase traballadora e das mulleres", defendeu Pontón fronte aos que, "como Rueda", cuestionan o dereito das traballadoras e traballadores que están enfermos a coller unha baixa laboral ou aos que "queren levar atrás" ás mulleres. "O que nos estamos xogando neste momento é o peso político de Galicia, ninguén máis o vai facer no Estado se non está o BNG", incidiu.
"Cada escano do BNG é un escano menos para o PP e un escano máis para Galicia", afirmou a número un por Pontevedra, Carme da Silva,
No BNG auguran que Vigo será "decisiva" nestas eleccións, agardan que se convirta en "trincheira de esperanza", como sinalou o portavoz municipal e candidato á alcaldía, Xabier Pérez Igrexas. "Cando esta cidade non se resigna, Vigo non falla", apostilou. Na formación nacionalista hai voces máis optimistas que outras co resultado electoral, porén, trasladan que "todo é posible" e seguen loitando por ese escano por Pontevedra que un día ocupou Olaia Fernández Davila, a primeira muller deputada do BNG no Congreso, tamén presente no acto.
"Cada escano do BNG é un escano menos para o PP e un escano máis para Galicia", afirmou a número un por Pontevedra, Carme da Silva, senadora polo Bloque na pasada lexislatura, que resaltou que é necesario dar un novo salto e conseguir máis peso político para "condicionar as decisións" que afectan á cidade de Vigo e ao conxunto do país.
Da Silva sinalou que Vigo precisa un tren de proximidade que conecte a cidade coa súa área, a saída sur (que leva en estudo dende hai máis dun cuarto de século), unha AP-9 galega e libre de peaxes, vivendas dignas e políticas que protexan o emprego e as actividades estratéxicas que sosteñen a economía da cidade e do país, como a pesca, o naval ou a automoción.
Pola súa banda, Ana Pontón criticou un modelo que "concentra a riqueza nuns poucos" e "crea máis desigualdade e pobreza" entre clases sociais, pero tamén entre pobos e, neste sentido, lembrou que todas as nacións e territorios perderon peso relativo na riqueza do conxunto do Estado español salvo Madrid, o que "evidencia un deseño centralista" que apelou a "romper" co apoio ao Bloque.
"O que nos estamos xogando neste momento é o peso político de Galicia, ninguén máis o vai facer no Estado se non está o BNG", asevera Pontón
"Se queremos que Galiza teña investimentos, teña infraestruturas, teña servizos públicos ou teña máis recursos para vivenda, o próximo 29 de novembro temos que facernos valer coa papeleta do BNG para defender o noso futuro", concluíu Pontón. "O que nos estamos xogando neste momento é o peso político de Galicia, ninguén máis o vai facer no Estado se non está o BNG", aseverou.
Na mesma liña, a portavoz nacional do Bloque censurou que agora "o PP pida o voto para Feijóo pola súa xestión" á fronte da Xunta. "Cal é a xestión de Feijóo? Dinamitar a política social de vivenda, recortar na sanidade, recortar en educación, converter a atención ás persoas maiores nun negocio e triplicar a débeda pública deste país", reprobou.
Ana Pontón chamou a votar "con ilusión" este domingo para "vencer os que nos queren con medo", porque "as persoas temos o poder de dicir nas rúas cando as cousas van mal, como fixemos de maneira absolutamente brutal o pasado 11 de novembro, cando as galegas e galegos fomos dos que máis fixemos folga".