A CSAG engade editoriais aos informativos e persoal denuncia "un agravamento da manipulación"
Traballadores dos medios públicos protestan contra a incorporación de "opinións mesturadas con información" e "discursos partidistas" en programas informativos de TVG e Radio Galega, difundidos por presentadores da casa e "incumprindo" as propias normas da Corporación.