Política
Entre canóns, papeis e caravelas: Eloxio do desatino institucional
Gonzalo Amoedo López
A dereita estatal tivo un galego de candidato en 10 das 16 xerais, pero só dúas veces foi presidente
Rajoy encabezou o PP cinco veces para ser presidente só en 2011 e 2016, mentres que Fraga fracasou en tres ocasións e Feijóo terá agora a súa segunda oportunidade
Fronte Ampla adía o anuncio das súas candidaturas en Galicia e celebra o acordo co PSdeG-PSOE no Senado
Fronte Ampla atrasa "uns días" a comunicación das súas listas para o 29N "para axustar a comunicación das distintas forzas da coalición". "Todo está acordado pero imos facelo de forma conxunta", di Paulo Carlos López
90 empregados mergúllanse en 66 toneladas de papel en Bos Aires á procura de votantes da 'lei de netos'
O maior consulado de España no exterior, o da capital do país que aglutina máis de 180.000 inscricións no CERA das circunscricións galegas, advirte de que o Supremo terá que decidir quen vota utilizando datos parciais
Beiras en libros: unha homenaxe á desobediencia
Repasamos as obras que o propio Beiras publicou na súa intensa traxectoria e as que outros lle dedicaron. Textos polos que pasa a política, a análise económica e os cambios sociais de Galicia das últimas décadas, páxinas nas que agroma a rebeldía, a desobediencia, as chamadas á acción. O legado en palabras de Xosé Manuel Beiras.
Xosé Manuel Beiras, un ronsel de liberdade
Encarna Otero
A Xunta terá en 2027 máis de 15.000 millóns por primeira vez grazas á alza de impostos recadados
O Consello do Goberno galego aproba os Orzamentos Xerais do ano vindeiro, cun importe récord por sétimo ano consecutivo "pola boa marcha da economía e do emprego" e cuxos detalles serán públicos o luns vindeiro, cando entren no Parlamento. O proxecto inclúe tres novas rebaixas de impostos tras deixar de recadar por esta vía 2.100 millóns na primeira metade da década
- Datos Cara ao 29N
- Política
A caída de electorado mozo frea en Galicia cara ás xerais do 29N
O grupo de votantes menores de 35 anos medra un chisco tras dúas décadas de caída continua e sitúase na contorna das 370.000 persoas nun censo no que o grupo con máis peso segue a ser o de maiores de 65. Case 78.000 mozas e mozos poden votar por primeira vez nunhas xerais en Galicia por faceren 18 anos dende as anteriores, as de xullo de 2023.
O Bono Concilia exclúe tamén campamentos privados por usaren instalacións públicas
A Consellería de Política Social vetou os campamentos municipais das axudas, que agora denega tamén aos de empresas privadas por utilizar instalacións públicas de municipios ou de universidades. Ao tempo, familias reciben a subvención por actividades de concellos ao constar na factura o nome da concesionaria que as xestiona.
Feijóo derrogou a prohibición de que a vivenda promovida pola Xunta acabase no mercado privado
En 2008 o Goberno de coalición PSdeG-BNG aprobou a primeira protección permanente para vivendas de promoción pública da historia da autonomía, que o goberno do PP derrogou en 2012 e retomou trece anos despois. O executivo do actual líder estatal dos populares rebaixouna a 30 anos e a das restantes protexidas a 15, 20 ou 25, segundo as zonas, mentres reducía os novos pisos públicos á mínima expresión
O PSdeG renova para o 29N as catro cabezas de cartel ao Congreso
Os titulares das subdelegacións gobernamentais na Coruña e Pontevedra, Obdulia Taboadela e Abel Losada, encabezan unhas listas ao Congreso que en Lugo e Ourense lideran Patricia Otero e Carmen Rodríguez Dacosta. Carmela Silva e Gumersindo Guinarte, referentes para o Senado nas circunscricións pontevedresa e coruñesa