Xosé Manuel Beiras, compostelán de orixe, galego de nación e músico de corazón -sempre ao carón do seu piano-; economista, catedrático e decano, mestre do seu alumnado (“o mellor profesor que tiven”, opinión que escoitei xa nos anos setenta e oitenta do pasado século e no Museo do Pobo Galego o día do acto cívico de despedida da cidadanía do común) tivo unha vida longa e chea de amor por Galiza.
Sempre coa luz e o pensamento nun proxecto común para facer unha Galiza de seu, ollando desde ela un universo mundo xusto e libre, de sororidades e de irmandades. De aí que, alén do seu traballo na Galiza, adicara tanto esforzo a proxectos internacionais, sendo de feito o presidente da Galiza nun outro mundo posíbel.
Tradutor, escritor, ensaísta, editor, e fondamente humanista, partillou co seu admirado Albert Camus a pegada dun mestre que iniciou a andaina da súa existencia. Foi D. Xesús Pereira, mestre republicano represaliado e pai de Aurora Pereira “Aurichu” compañeira de tantas vidas (“o meu amor de madrugada” como Beiras a definiu).
Nacionalista sempre, bebendo do galeguismo, mesmo xa no berce, adicou a súa enerxía e o seu corazón á construción da nación incesante. Xa na ditadura participou no nacemento do PSG. O BNG vería a luz nunha tarde de outono no 1982 en Riazor e o seu derradeiro proxecto foi Anova-Irmandade Nacionalista, na que traballou até o fin da súa vida.
Sempre coa luz e o pensamento nun proxecto común para facer unha Galiza de seu, soberana, desde a vontade libre e democrática das xentes do común, ollando desde ela un universo mundo xusto e libre, de sororidades e de irmandades. De aí que, alén do seu traballo na Galiza, adicara tanto esforzo a proxectos internacionais como a CONSEO, aos Foros Sociais Mundiais, ao Galeuska e a moitos outros espazos políticos e culturais, sendo de feito o presidente da Galiza nun outro mundo posíbel.
Cómpre agora, como legado, continuar co seu traballo e que a cidadanía galega de ben siga o seu ronsel. que deixou escrito nas numerosas obras súas, verdadeiras guías para a construción dunha Galiza soberana e dun mundo xusto
Cómpre agora, como legado, continuar co seu traballo e que a cidadanía galega de ben siga o seu ronsel. que deixou escrito nas numerosas obras súas, verdadeiras guías para a construción dunha Galiza soberana e dun mundo xusto, libre e igualitario. Quero facer especial fincapé nun dos seus últimos escritos, publicado -como non podía ser doutro xeito- na Editorial Laiovento: MANIFESTO PARTICULAR ou “oficio profano de defuntos” publicado no 2022 aos 45 anos da Revoluçâo dos Cravos portuguesa e escrito en Reboraina de Aguiar. A lucidez do mestre e político Beiras é quen de tecer todos os fíos do presente concluíndo que “só a reactivación e reorganización dunha rebelión cívica xenerosamente solidaria e clarividentemente orientada cara ao albo da propia emancipación, poderá escachar os muros de cristal blindado das prisións da miseria na que os ignaros poderes exterminadores nos teñen choídas ás xentes todas do común”.
Grazas, amigo Beiras, polo teu grande amor e xenerosidade coa túa terra e co mundo. Agora camiñas xa pola “Alba de Groria” coa luciña dunha estrela.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2026