Beiras, a Historia, nós
Por Nacho Taibo. Galiza xa non é igual. Nunca máis será. Con Xosé Manuel Beiras márchanos moito máis que a persoa lúcida, contundente, valiosísima. Vaise un treito grande da nosa Historia. Medio século
En Praza.gal abrimos esta sección de homenaxe a Xosé Manuel Beiras solicitando textos de afecto e admiración a distintas persoas que compartiron con el espazos e momentos políticos, culturais, sociais e persoais durante as últimas décadas. Os artigos van ir publicándose nesta sección nas vindeiras semanas, compoñendo unha modesta mostra da memoria e da pegada deixada por Beiras nos seus 90 anos de vida.
Por Nacho Taibo. Galiza xa non é igual. Nunca máis será. Con Xosé Manuel Beiras márchanos moito máis que a persoa lúcida, contundente, valiosísima. Vaise un treito grande da nosa Historia. Medio século
Por Roberto Pascual. Beiras foi un político moderno en moitos aspectos, pero sobre todo porque soubo facer de Galiza un lugar onde puidese habitar unha forma de facer política sustentada pola defensa do coñecemento, da cultura, do mundo interconectado e das capacidades que como sociedade temos para poñer en valor as nosas capacidades creativas e organizativas
Por Encarna Otero Cómpre agora, como legado, continuar co seu traballo e que a cidadanía galega de ben siga o seu ronsel. que deixou escrito nas numerosas obras súas, verdadeiras guías para a construción dunha Galiza soberana e dun mundo xusto
Por Xesús Veiga. Non buscou unha contrapartida material para xustificar o seu compromiso militante. Podía ter aproveitado as vantaxes potencialmente asociadas ao seu currículo profesional mais preferiu enfrontar as derrotas parciais e ofrecerlle á sociedade galega a súa permanente disposición a traballar por un horizonte de liberación nacional e de benestar para as clases subalternas
Por Xoán Antón Pérez-Lema. Eis a súa herdanza maior: ter contribuído a que Galicia se conciba non como periferia dependente, senón como unha nación con dereito a construír o seu propio futuro
Por Carlos Amoedo. Tocounos asistir a unha desas multitudinarias expresións de recoñecemento e afecto que o pobo galego outorga en contadas ocasións aos seus
Por María Xosé Porteiro. Naceu cun destino previsto por quen querían que Galicia tivese unha gobernanza ideal, con independencia e un proxecto nacional propio en tempos en que esa era unha proposta utópica máis non, necesariamente, imposible. Lémbroo cunha admiración tan grande coma o afecto que sentín e sinto por el.
Por Valentín García Bóveda. A historia non se escribe nos despachos de prensa nin nos lazos negros de circunstancia. Xosé Manuel Beiras Torrado queda onde sempre estará: na conciencia crítica dun pobo, na esixencia- e na máis terríbel autoesixencia- dunha loita de clase sen submisións, cunha bravura poética en clave de sol interpretada de vagar, no facho aceso de Bóveda e na certeza de que a desobediencia fronte á inxustiza é unha herdanza que paga a pena manter viva
Por Rafael Cuiña. Fraga e Beiras, ou Beiras e Fraga, eran fillos do seu tempo, e ao mellor chegaron demasiado cedo a poñer as súas privilexiadas mentes ao dispor dun país que, dun bando e do outro, seguramente nunca remataron de entendelos
Por Ana Pontón. Beiras deixa camiños abertos polos que podemos transitar e o seu exemplo de compromiso, loita e amor por Galiza. A mellor homenaxe que podemos facerlle non é repetir as súas palabras como se fosen un catecismo. É conservar esa vontade de pensar por nós mesmas e nós mesmos.
Por Manoel Barbeitos. Pola miña parte sempre quedou ese agradecemento que lle gardas a quen na túa vida te abriu os ollos sobre a realidade, te axuda a reflexionar e tamén, nalgún momento, te guía. Se tivese que escoller entre as súas ensinanzas diría dúas que poden parecer frugais: a permanente dúbida e a eterna rebeldía
Por Beatriz Vila Couto. Xosé Manuel Beiras regaloume máis dunha década de xornalismo. Un xornalismo que vexo morrer coma el mesmo me dicía tantas veces cando me preguntaba como estaba eu e ofrecía consolo. Ou cando me preguntaba polas crianzas na mesma ringleira na que dicía que estaba lendo a comedia de Aristóteles que frei Guillermo de Baskerville salvou do lume. E vaise o Beiras mentres España debate unha fronte ampla. Outra vez a historia facendo poesía política.