Beiras, a Historia, nós

Acto de homenaxe a Beiras no auditorio do Museo do Pobo Galego CC-BY-SA Praza.gal

Galiza xa non é igual. Nunca máis será. Con Xosé Manuel Beiras márchanos moito máis que a persoa lúcida, contundente, valiosísima. Vaise un treito grande da nosa Historia. Medio século

Galiza xa non é igual. Nunca máis será.

Con Xosé Manuel Beiras márchanos moito máis que a persoa lúcida, contundente, valiosísima. Vaise un treito grande da nosa Historia. Medio século.

Coa chamada transición, un cúmulo de frustracións encheu este noso xeito común de amarmos Galiza dunha maneira racional e crítica. Nunca cega.

Querido, admirado Xosé Manuel: o que nunca abandonou, quen aínda non dixo a última palabra. Cos cincuenta anos pasados, e moitos máis no futuro co Beiras na memoria. Que Galiza nunca xamais o esqueza. Obrigada. Grazas

Seica creamos máis memoria sobre o que eramos, dos nosos atrasos varios, que daquilo que queriamos ser. Coñecer a verdade sobre si mesmo é o que se precisa para superarse. Talvez foi O atraso económico quen encetou ese amarmos a nación por sabela merada, fracasada, merecedora doutra sorte. Legounos el esa conciencia, mesmo a dar pasos adiante e atrás. A sinalar as causas e os causantes. Sen nunca esquecer que Galiza está inmersa no mundo: no centro do mundo.

Así, nese amor lúcido, racional e crítico, temos que seguir adiante con máis forza que nunca, a anegarmos outro treito de Historia en alba de gloria. Fronte os desprezábeis que vedan o loito, os minutos de silencio, a mesma infamia que segue a negarnos a Historia.

Querido, admirado Xosé Manuel: o que nunca abandonou, quen aínda non dixo a última palabra. Cos cincuenta anos pasados, e moitos máis no futuro co Beiras na memoria. Que Galiza nunca xamais o esqueza. Obrigada. Grazas.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.