Na conversa infinda

Beiras, en 2007, nunha actividade da Cátedra Alexandre Bóveda con motivo da celebración do 75º aniversario da aprobación, polos concellos galegos, do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia © Universidade de Vigo

Hai mortes que non son o remate, senón a aceleración -incluso nacemento- doutra cousa. A partida do Beiras cara a onde os bos e xenerosos, deixa unha profunda físgoa nos corpos físicos e políticos da Galiza, pero a súa ausencia non supón o silencio da extinción. De feito, son quen de escoitar sen moito esforzo, a súa conversa infinda con eles

Hai mortes que non son o remate, senón a aceleración -incluso nacemento- doutra cousa. A partida do Beiras cara a onde os bos e xenerosos, deixa unha profunda físgoa nos corpos físicos e políticos da Galiza, pero a súa ausencia non supón o silencio da extinción. De feito, son quen de escoitar sen moito esforzo, a súa conversa infinda con eles. Os mortos desta nosa terra, que tanto gozan de asexar ao vivos, non poden agochar a súa ledicia pola compaña de Xosé, do seu falar e das afastadas a tocar o piano.

Persoa sementeira que nace para ser árbore senlleira que afundiu as raíces na terra, erguendo as pólas cara ao futuro e deixando froitos que o tempo non consome. Cómpre aledarmos de ter recollido a súa semente, prendendo nela a memoria para botala de novo, e que a súa forza siga a florecer nas conciencias. Esas que hoxe abanea coma a morna e agradecida tempestade que sempre será.

Para quen construíu o seu pensamento a partir do rigor intelectual, da dignidade de clase e da exemplar actividade política, a morte convértese nunha forma paradoxal de presenza. Beiras xa non está, pero a carga revolucionaria que despregou ao longo de décadas continúa. É a forza dos que non precisan un cargo para existiren: o seu legado transpórtase no alento de quen aínda entende a construción do país como o céltico Ogam perdido, comezando dende a esquerda e de abaixo a arriba.

Esta pegada imborrábel radica tamén no xeito no que Beiras - fundador da Fundación Alexandre Bóveda- soubo rescatar e facer vivir a memoria de Alexandre Bóveda. Non o fixo desde o culto estéril nin dende a foto en branco e negro, senón reivindicando a Bóveda a partir do que realmente o definía: a súa capacidade intelectual extraordinaria, a súa análise económica rigorosa, a súa visión estrutural de país e o seu sacrificio supremo polo pobo galego. Beiras trouxo a Bóveda ao presente como un motor vivo de transformación e de pensamento crítico e alimentando a autonomía económica, matematicamente obxectiva.

A historia non se escribe nos despachos de prensa nin nos lazos negros de circunstancia. Xosé Manuel Beiras Torrado queda onde sempre estará: na conciencia crítica dun pobo, na esixencia- e na máis terríbel autoesixencia- dunha loita de clase sen submisións, cunha bravura poética en clave de sol interpretada de vagar, no facho aceso de Bóveda e na certeza de que a desobediencia fronte á inxustiza é unha herdanza que paga a pena manter viva

Isto, contrasta radicalmente coa actitude de quen hoxe busca a foto oportuna ao carón dun cadro para exhibir unha fasquía institucional. Un xesto superficial que oculta o verdadeiro interese do poder: manter o legado e pensamento de Bóveda ben soterrados no cemiterio de San Amaro, preferindo a un borrancho de persoeiro inofensivo e silenciado para que a súa figura non moleste no discurso dun pseudo-galeguismo morno e acomodado, non vaia ser que a memoria viva do Mártir lle quite a careta a quen só busca a compracencia. Pero Beiras nonseiqué.

Dura dignidade histórica e intelectual que obriga, con reflexo de espello rechamante, a mirar con molestia a paisaxe desoladora que deixa a política do deseño. Asistimos dende a entretida e espantosa actualidade á constante proliferación e posterior desaparición de liderados prefabricados, figuras xurdidas do baleiro intelectual -moi cómodo para as estruturas dos partidos empresa- que se alimentan de orzamentos públicos, estratexias de mercadotecnia e complicidade de prensa comprada con cartos que non son deles. Dirixentes de cartón pedra que pasan polos cargos sen deixar un só pensamento propio, unha idea emancipada ou unha soa loita herdábel. Cando eses liderados sen alma caen, non deixan detrás máis que o buxán do que procedían; a súa desaparición é total porque nunca houbo nada substancial que recordar, a excepción do desastre que o seguinte repetirá.

Hoxe mesmo, falei da anécdota dunha moza tiña que conta como sacou a carreira de económicas grazas ao póster do Beiras, que tiña pendurado no seu cuarto. Cada noite, cando os libros mailo cansazo pesaban e tentaba abandonar, erguía os ollos e atopábase coa súa mirada azul. Sentía que aqueles ollos a interpelaban ameazantes. E así, entre respecto e desafío, volvía aos libros. Así, dende un póster, sementou conciencia e futuro. Imaxinen a outros conseguindo iso dende un papel coloreado. Choro. Da risa..

Choro con gratitude ao irmán que me axudou a recoñecer, con orgullo e conciencia, a figura do meu avó. Choro a quen me prestou a honra de desfrutar en vida dun dos bos e xenerosos e que é perfecto exemplo de que só depende de nós que aumenten

Onte, hoxe e mañá, vaime resultar difícil obviar a ferinte hipocrisía das condolencias de quen hoxe laian a súa morte en público. Moitos dos que estes días enchen as súas redes de eloxios e palabras grandilocuentes foron os mesmos que no seu momento lle deron as costas, verbalizaban a necesidade de acabar co vello, orquestraban o seu illamento ou mesmo o acusaron de traidor por non someterse ás súas lóxicas de aparello nin renunciar á súa visión política fronte a determinados contextos.

Pero a historia non se escribe nos despachos de prensa nin nos lazos negros de circunstancia. Xosé Manuel Beiras Torrado queda onde sempre estará: na conciencia crítica dun pobo, na esixencia- e na máis terríbel autoesixencia- dunha loita de clase sen submisións, cunha bravura poética en clave de sol interpretada de vagar, no facho aceso de Bóveda e na certeza de que a desobediencia fronte á inxustiza é unha herdanza que paga a pena manter viva.

Choro con gratitude ao irmán que me axudou a recoñecer, con orgullo e conciencia, a figura do meu avó.

Choro a quen me prestou a honra de desfrutar en vida dun dos bos e xenerosos e que é perfecto exemplo de que só depende de nós que aumenten.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.